13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

O goberno do estado inicia as obras de mellora do paseo marítimo de Esteiro

A portavoz do Partido Popular, Inés Monteagudo:»Son unhas obras moi necesarias e que serán unha realidade en pouco tempo”.

O Ministerio de Pesca, Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente anunciou que esta semana comenzarán os traballos de mellora do paseo marítimo de Esteiro, no concello de Muros, que contan cun orzamento de 842.398 euros, e consistirán na reposición do deteriorado pavimento do paseo e renovación do mobiliario existente para garantizar o acceso público á costa e a seguridade dos peóns.

A portavoz do Partido Popular en Muros, fixo unha valoración moi positiva do investimento, xa que se cumpre cunha vella demanda: “O inicio das obras é o punto e final a un proceso longo, pero que pagou a pena. Son unhas obras moi necesarias e que serán unha realidade en pouco tempo” afirmou Inés Monteagudo.

Monteagudo manifestou a través dun comunicado:»Queremos agradecer publicamente o traballo desenvolvido por Marta González, deputada no Congreso, o senador Torres Colomer, e o de tódolos responsables de Costas, tanto o do señor Eimil, xefe da demarcación de Costas en Galicia, como o do subdirector, o señor Muñoz, e o da directora xeral, que sempre foron receptivos ás nosas demandas, que non son outras que as dos veciños de Esteiro, e fixeron posible que a mellora do paseo de Esteiro sexa unha realidade»,

Inés Monteagudo recordou que na entrevista que mantivo no pasado mes de xuño coa Directora Xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar, Raquel Orts Nebot, e o Subdirector Xeral para a Protección da Costa, Ángel Muñoz Cubillo, o Estado comprometérase a iniciar as obras de reparación do paseo neste mesmo exercicio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos