6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O concello da Baña non ten decidido o uso da reitoral de San Mamede

Gaña enteiros o proxecto solidario da fundación Anxiños pero non se descarta totalmente o proxecto de Vivenda Comunitaria. Vídeo Adiante TV.

Cardeso insiste en que decidirá a corporación

O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, asegurou que será o pleno da corporación o que “se decante por un ou por outro proxecto” sobre o uso da reitoral de San Mamede de Monte, e negou calquera tipo de “ocultismo”, desmarcándose das declaracións da exconselleira Rocío Mosquera que xa dou por feito que nese recinto instalaríase un fogar para nenos con dificultades.

O rexedor recoñeceu que cos cambios normativos a opción da vivenda complícase e podería ser unha boa opción a da fundación Anxiños se trouxera aparellada “unha inxección de inversión para o concello”. De tódolos xeitos dixo que sería o pleno o que decidise.

O PSOE pediu explicacións

O voceiro do Partido Socialista, José Antonio Pereira, quería saber se o goberno local renunciaba a Vivenda SocioComunitaria, xa que este era o primeiro paso para estudar alternativas. Ao grupo socialista parécelle un bo proxecto se ben tamén criticou as declaracións de Mosquera, ao igual que fixeron desde Compromiso por Galicia.

Compromiso pide ao PP que recoñeza o seu erro

O voceiro galeguista, César Ramos, foi moi crítico cun proceso que foi “un desastre en todos os aspectos” con repetidas promesas electorais sobre a Vivenda Sociocomunitaria dicindo que “alguén tiña que ser responsable deste proxecto que non se levara á práctica”.

Ramos pensa que “non se dixo a verdade” e que o  Partido Popular debería “recoñecer que se equivocou investindo unha cantidade enorme de cartos nunha propiedade que non era do concello”.

O concelleiro de Compromiso por Galicia, cualificou de “inadmisible” o polémico anuncio de Rocío Mosquera e pediu ao alcalde que se “xustifique” o novo proxecto, e nese caso poderían contar co apoio deste partido.

Tourís:”A fundación Anxiños ven con ánimo de quedarse”

O concelleiro de Xuventude, Deportes, Contas, Patrimonio e Persoal, Manuel Tourís, fixo unha detallada exposición do proxecto despois de recriminar a Ramos que “fai dous meses falastes de meter alí refuxiados entón non critiquedes tanto isto”·

Considera que o proxecto presentado pola Fundación Anxiños, que segundo el está participada polas fundacións Amancio Ortega, José Otero, Gadisa ou médicos como Ángel Carracedo, será “unha oportunidade moi boa” que pretende “sacar a eses rapaces dun ambiente hospitalario e estar en contacto coa natureza”.

Segundo Tourís”a fundación Anxiños ven con ánimo de quedarse” e vai a crear postos de traballo, co compromiso de contratar todo o persoal do concello da Baña. Tamén abre as portas a que o concello teña participación activa na entidade, con membros do goberno e da oposición.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos