5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Luz verde a modificación do Plan Xeral na rúa camiño de Monelos

Partido Popular e PSOE votaron a favor desta modificación e Compromiso por Galicia abstívose.

Foto- Concello da Baña

Un litixio que se dilatou no tempo

Cos votos a favor do Partido Popular e do Partido Socialista e a abstención de Compromiso por Galicia, aprobouse nun pleno extraordinario a aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal na rúa Camiño de Monelos, sobre o que pesa unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do ano 2007.

Agora o expediente estará a exposición pública durante dous meses e deberá volver a pleno para a súa aprobación definitiva.O alcalde Andrés García Cardeso incidiu en que este acordo “pon fin a un longo litixio e á reconducción dunha situación na que o traballo dos técnicos municipais tivo un papel importante” e evitou referirse ás polémicas anteriores.

O voceiro do PSOE, José Antonio Pereira Gil pediu in informe sobre os custes do procedemento:“Solicitamos un informe de gastos dende que o momento que se iniciou todo este proceso, hai dez anos, gastos de notarías, de representación, xudiciais, costes periciais… porque houbo que derrubar un muro tres veces, volver a levántalo dúas. E hai que lembrar que a sentenza xudicial deixa ben claro que o camiño fora igual dun lado que doutro”.

Pola súa parte, o voceiro de Compromiso por Galicia (CxG), César Ramos Domínguez solicitou ao equipo de goberno “que todas as decisións que se adopten se fagan en beneficio dos veciños e se deixen a un lado os enfrontamentos e rifas políticas”. Para Ramos Domínguez “o que quedou claro é que esta situación enquistouse por rifas políticas”.

Unanimidade noutros asuntos

Neste pleno tamén se aprobou por unanimidade unha  Ordenanza reguladora da ocupación da vía pública con mesas, cadeiras e outros elementos móbiles e a adquisición da parcela nº 66, coñecida como Coreixe, do plano da concentración parcelaria de Santa Eulalia de Lañas. 

Segundo informan fontes municipais trátase  dunha parcela que fora propiedade da Cámara Agraria e que pasou a ser da Xunta tras a desaparición desta. “O Concello tiña unha concesión da mesma que rematou en 2011”, dixo o alcalde, engadindo que “pasou a formar parte dun primeiro lote para poxa, pero o Concello amosou o seu interés de adquirir esta parcela”.

A pretensión do Concello é adquirir a devandita parcela, na que se ubica un área recreativa, e sumar esta ao inventario municipal. O seu prezo ronda os 17.000 euros. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos