10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Val do Dubra aproba por unanimidade o Plan POS +

Todos os grupos valoran o consenso básico e votan a favor. O alcalde recoñece que houbo discrepancias no grupo de goberno con algunha obra.

O concello do Val do Dubra aprobou por unanimidade o Plan POS + da Deputación provincial, dotado con 741.192 euros, nun pleno extraordinario celebrado este venres.

O alcalde Antonio Negreira afirmou que non lembra un plan “cunha cantidade tan alta” de obras no concello e cualificou de “ambicioso” o mesmo. Recoñeceu que houbo “queixas” dentro do seu grupo, Son Val do Dubra-Anova, polo gasto en actuacións en asfalto como a da estrada de O Rieiro “porque hai servizos básicos que temos que darlle máis adicación”.

O portavoz do PP, Ramón Varela asegurou que “O PP non se vai a opoñer a ningún tipo de obra de interese” e destacou que moitas das actuacións foran iniciadas por gobernos do seu partido. Varela valorou o clima de consenso existente.

Pola súa banda, o voceiro de Terra Galega, Óscar del Río, incidiu en que algunhas das propostas foran do seu grupo e que “este ano polo menos o plan foi consensuado, non como no ano anterior”.

Del Río defendeu que se reserven partidas para gasto corrente e reprochoulle ao alcalde:“Ti cando estabas na oposición non che gustaba gardar para gastos correntes”. Non asistiu a sesión o portavoz de Agrupación Dubresa Independente, Cándido Señarís.

Os investimentos aprobados son a pavimentación núcleo de Cornes, a mellora do firme Bascuas-Vilalba, a mellora do firme da rúa Corredoira e a mellora rede pluviais en Xermán, por importe de 172.885 euros.

Para a mellora do firme da estrada desde O Rieiro ata o límite con Santa Comba destínanse 200.322 euros e para a ampliación do abastecemento a Coucieiro, un 215.343 euros.O capítulo de gastos conta cunha partida de 152.688 euros. 

Noutra orde de cousas, Antonio Negreira informou que existe un presuposto que calcula que farán falta uns 30.000 euros para cubrir os gastos de funcionamento da depuradora de Portomouro sen contar o abastecemento eléctrico. Algo que lle pareceu esaxerado ao portavoz popular.

Por unanimidade tamén se aprobou dar marcha atrás a un convenio co concello de Coristanco para pedir unha subvención conxunta para actividades de promoción da lingua. A petición procedeu do concello de Coristanco e polo tanto a corporación dubresa só confirmou os termos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos