13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

O PP pide que non se reduzan as axudas co Plan Único

Agustín Hernández pide que se garanta “como mínimo” as mesmas cantidades e tamén que se cambien as bases para que os concellos poidan recibir adiantos para executar proxectos.

O portavoz do Partido Popular na Deputación, Agustín Hernández, pediu hoxe que ningún concello vexa reducidas as achegas económicas con motivo da implantación do “Plan Único”.

Neste sentido anunciou a presentación dunha moción para que se garanta que os municipios perciban “como mínimo”, as mesmas cantidades que tiñan coas anteriores liñas de axuda. Considera que é unha obriga xa que “o contrario, na situación económica na que se atopa a institución provincial, non tería sentido”, apuntou o portavoz popular.

No pleno no que se aprobou o plan, Hernández expresou as súas sospeitas de que algún concellos verían reducidas as axudas que perciben:“Seguimos pensando o mesmo porque sabemos que este goberno provincial é moito de anunciar para despois deixar a maioría das cousas no limbo. Por iso cremos que, con esta moción, os concellos estarán moito máis tranquilos”, indicou Hernández.

O Partido Popular reclama un “compromiso formal” ratificado coa aprobación da súa moción, que inclúe tamén a petición de que o goberno provincial engada ao Plan Único os remanentes económicos que, ao longo do exercicio, póidanse xerar.

Mancomunidades, asociacións e adiantos

Agustín Hernández demandou a posta en marcha dalgún mecanismo que permita que as mancomunidades ou asociacións de concellos poidan recibir as axudas da Deputación.

“Dixeron que articularían algunha forma para que este tipo de entes non perdesen financiamento que, nalgún caso, co novo plan, supón ata unha diminución de 70.000 euros, e polo de agora  non sabemos nada”, subliñou Hernández.

Outra preocupación dos populares é se os concellos poderán recibir adiantos para acometer as actuacións:“As bases deixan ben claro que os concellos só poden recibir a axuda económica unha vez que certifiquen a obra, nunca antes”, dixo Hernández, quen indicou que, recentemente, o presidente provincial asegurou que a Deputación adiantarían eses cartos, algo que “fai falta aprobalo no pleno porque hai que cambiar as bases”.

Agustín Hernández compareceu acompañado dos deputados provinciais Javier Cainzos, Andrés García Cardeso, Mariel Padín e Susana García.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos