13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

García Argibay:“Este goberno non ten vontade de acordo»

O portavoz de Pacto por Ames concedeu unha entrevista a Adiante Galicia (que se pode escoitar no audio insertado nesta nova) nas vésperas do primeiro congreso deste partido fundado en 2013. A cita será o vindeiro sábado 12 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns desde as 20:30 h.

Escoita a entrevista- 

Un balance negativo do tripartito PSOE-Contigo Pódese-BNG

Ramón García Argibay fai un balance negativo destes 17 meses do goberno presidido por José Miñones.“O principio había un talante de negociar pero durou dous meses” comentou o líder de PxAmes que incluso destacou que se dou luz verde a un regulamento de organización municipal aprobado polos sete grupos políticos que debatían previamente sobre os asuntos a tratar nos plenos “pero empezaron a vir os primeiros roces” e “acabaron negándose a levar as nosas propostas ao pleno”. Na última sesión os concelleiros de Pacto por Ames abandonaron a sesión en protesta “pola falta de liberdade de expresión”.

Argibay lamenta que hai asuntos moi importantes sen resolver:”unha prioridade fundamental son os orzamentos. Desde 2012 estamos cos orzamentos prorrogados” asegura o portavoz que critica a incapacidade do executivo “para sentarse a negociar” unhas contas. Tamén considera urxente a aprobación da RPT e sacar adiante as licitación de servizos importantes como a limpeza ou o da auga.”Este goberno non ten vontade de acordo e non ten maioría” engade.

O portavoz de Pacto por Ames reivindica o papel do seu partido como “unha formación seria e que fai política construtiva con propostas ó cen por cen para Ames” e despois do congreso onde se renovarán os cargos aposta por “seguir nesta liña porque estamos moi satisfeitos coa resposta da xente”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos