5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

“O pacto está vixente pero hai unha fractura interna no PSOE»

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, pensa que a voceira socialista, Beatriz Sestayo, quere  “inundar de salsa rosa a vida municipal”.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, asegura que o executivo local está moito máis “estabilizado” que antes da ruptura co Partido Socialista que lidera Beatriz Sestayo, e chegou a afirmar que non consideraba que “o PSdeG non estea no goberno”  e insistiu en que “o pacto está vixente pero hai unha fractura interna” e “un debate interno” dentro das filas socialistas polo que “estamos á espera do que decidan os órganos do PsdeG e de Ferraz”.

En declaracións ao programa “Galicia por Diante” da Radio Galega, Suárez responsabilizou a Sestayo de querer “inundar de salsa rosa a vida municipal”, e lembrou que “tres das cinco persoas que encabezaban a lista do PSOE consideran a Sestayo como responsable de romper este pacto”, se ben o líder de Ferrol en Común insiste en que “temos un pacto programático co PSOE que imos a tentar cumprir” e que quere evitar “entrar en combates de boxeo absurdos”.

Un erro ter dous gabinetes de comunicación

Con respecto a ruptura, Jorge Suárez asumiu tamén algunha responsabilidade:”Cecais nalgún momento non souben facer de mediador entre Ferrol en Común e o PSOE”dixo. Outro erro foi “ter dous gabinetes de comunicación”.O alcalde é consciente que resulta “complicada” a entrada do BNG no goberno pero reiterou que “ten as portas abertas” e confía no seu apoio:”Estou seguro que vai a dar  soporte a este goberno. Debemos ser leais entre nós, xa que pertencemos ao ámbito da esquerda”.

Deixou claro que “O PP nunca vai ser un aliado” pero matizou que conforman “un goberno de escasos recursos humanos e temos que buscar os máximos apoios posibles”.De tódolos xeitos, e aínda con 8 concelleiros nunha cámara de 25, Jorge Suárez está convencido de que rematará a lexislatura na alcaldía porque “non existe unha alternativa política, nin clara nin viable”.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos