3839 fans     1284 seguidores     39 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Ferreiro:"Nunca dixen que non ía utilizar coches oficiais"

Ferreiro:"Nunca dixen que non ía utilizar coches oficiais"

Municipal | Publicada: 30/05/2016

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
15
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 5 minutos e 23 segundos.

O alcalde da Coruña asegura que foi a Vigo en coche oficial porque se trataba dun partido de alto risco e afirma que foron “máis ben elas (as meigas) as que se meteron con nós. Tamén entende que os militantes socialistas queren máis entendemento coas mareas e outras forzas alternativas ó Partido Popular.

“Non me vexo chegando aos sitios nun Audi A-6”

“Nunca dixen que non ía utilizar coches oficiais, dixen que non os utilizaría día a día” explicou o alcalde coruñes na Radio Galega en relación coa polémica da súa viaxe a Vigo “nun partido que estaba calificado de alto risco”aínda que finalmente asegurou que non faría falta ese desprazamento no coche.O que si ten claro Ferreiro é que non se vé "chegando aos sitios nun Audi A-6" nin usando un coche oficial para ir á barbería.

Non houbo posibilidade de entendemento coas Meigas

Sobre a polémica coa asociación de Meigas, o alcalde volveu insistir que eles non buscaron un enfrontamento con esa asociación “e máis ben son elas as que se meteron connosco” cando desde o goberno local ”tentamos tomar as rendas da celebración e encargarnos directamente” duns actos nos que as “Meigas” tamén tivesen o seu sitio pero “non houbo posibilidade de entendemento”.

Xulio Ferreiro lamentou que desde ese colectivo tachásese de “perro flautas” ás persoas que virán celebrar o San Xoán porque “ese non é o camiño” e lembrou que se trata “dunha celebración de toda a cidade”.

“Cambiamos a relación entre o concello e a cidade”

Sobre a xestión neste ano de goberno da Marea Atlántica destacou que “cambiamos a relación entre o concello e a cidade” con políticas participativas, escano cidadán ou o “Dillo ti” e anunciou que no orzamento do 2017 incluiríase unha partida dun millón de euros en inversions elixida directamente polos veciños. Tamén destacou o aumento das “bolsas comedor”, a eliminación de puntos de vertedura ou a implantación dá “renda social municipal”.

Ferreiro pensa que Leiceaga está polo entendemento

Ademais referiuse ás primarias do Partido Socialista e expresou a súa satisfacción porque lle parece que Xoaquín Fernández Leiceaga entende que hai que “chegar a acordos e un clima de entendemento” e ten claro que “a militancia lanzou unha mensaxe, quere máis entendemento e ten claro quen é o rival a bater”.

Sobre os posibles fallos deste primeiro ano de goberno dixo que “o erro principal foi non calibrar as dificultades de interlocución cos demais grupos” como o PSOE, aínda que reivindicou que hai que asumir “que o alcalde é o alcalde e o goberno é o goberno e hai competencias que poden exercer sen ter que pedir permiso”.

Para Ferreiro é “moi complicado” que o PSOE poida entrar no goberno xa que non hai “unhas bases de confianza” e os socialistas tentaron entrar "derrubando a porta” e puxo como exemplo os orzamentos aprobados:”Podíamos ter chegado a un acordo e preferiron meter os seus proxectos pola porta de atrás coa axuda do PP”.

 

@AdianteGalicia

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

 Culebras y víboras de Galicia

Culebras y víboras de Galicia

En Galicia habitan ocho interesantes especies de ofidios. Solo dos de ellas son víboras, y una de estas está localizad…

Ler máis
Ponte do Porto recupera el Caldo de Riola

Ponte do Porto recupera el Caldo de Riola

El próximo sábado 29 de julio en el barrio do Outeiro, de Ponte do Porto.   El caldo de riola es una variente…

Ler máis
 Devolver llamadas perdidas internacionales te puede salir caro

Devolver llamadas perdidas internacionales te puede salir caro

La Policía Nacional advierte de una estafa de llamadas procedentes  de Costa de Marfil, Nigeria o Albania.   …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Día de Galicia - 25 Julio 2017
Enova Energia
Festival da Luz Gadis 2017
KNM Abogados
Verán Xalleiro 2017
Costa Artabra
OndaHit
Auto Xallas 2017
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Día da patria galega/Día de Galicia, xornada de pedagoxía galeguizadora

Xosé González Martínez

Presenciei moitas veces a mesma escena, aínda que con distintos protagonistas. Rematada a manifestación para reclarmar  protección gobernamental p…

Xosé González Martínez
Ler máis

Saiamos a rua a festejar !! Um novo tratado de livre comércio foi un feito!!!

Daniel Lago

Isso seria a lógica mesma, que deveria de funcionar logo da posta em marcha do JEEPA, o acordo de livre comercio entre a UE e o Japão.   Na c…

Daniel Lago
Ler máis

I +D + I + G

Xosé González Martínez

En certa ocasión fun levado a coñecer unha Escola de Negocios dunha entidade financieira. O seu director foime amosando as modernas instalación dot…

Xosé González Martínez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información