5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Compostela Aberta renova a súa coordinadora

Este vindeiro venres inícianse as votacións telemáticas para elixir os membros da coordinadora de Compostela Aberta. Marilar Aleixandre e André Seoane asumirán a portavocía. Ademais elixiranse oito membros para a coordinadora e cinco para a comisión de mediación.

Vía telemática con 425 votantes inscritos

Un total de 425 persoas poderán participar neste proceso que se desenvolverá vía telemática desde o venres 26 de febreiro as oito da mañá ata a mesma hora do domingo 28 de febreiro.Marilar Aleixandre e André Seoane compartirán a portavocía de Compostela Aberta, xa que son os únicos aspirantes ós dous postos.

 

Coordinadora e comisión de mediación

Segundo os estatutos de Compostela Aberta para membros da coordinadora elixiranse catro homes e catro mulleres. Os aspirantes son María Xosé Bóveda, Álex Botello, Bieito Cambeiro, David Domenech, Xavier García Mera, Nerea González, Manuel López “Akin”, Pepe Martínez Otero, Iria Otero, Suso Pais, Antonio Pérez, Iolanda Rei, Cibrán Santamarina, Antía Soto, Xosé María Tubío e Chechu Yáñez.

Tamén se escollerán cinco representantes para a comisión de mediación (Tres mulleres e dous homes ou a viceversa). Presentáronse Bieito Cambeiro, Flora Miranda, Raquel Malvarez, Pablo Nieves, Suso Pais, Iago Raposo.

Segundo explican na súa web, haberá tres votacións, unha para as co-portavoces, outra para a coordinadora e outra para a comisión de mediación.No caso das co-portavocía, cada persoa inscrita poderá votar a 2 persoas candidatas.No caso da coordinadora, cada persoa inscrita poderá votar a 6 de 8 persoas candidatas. No caso da Comisión de Mediación, cada persoa inscrita poderá votar a 3 de 5 persoas candidatas.

Compostela Aberta goberna na capital de Galicia

Compostela Aberta goberna en minoría no concello de Santiago de Compostela, con Martiño Noriega como alcalde. Nas pasadas eleccións municipais foi a forza máis votada cun 34,50% dos votos e dez concelleiros por diante do PP, con nove actas.

@AdianteGalicia

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos