Óscar Pose cualifica de «insuficientes» as axudas do Goberno central

O responsable do sector lácteo de Unións Agrarias, Óscar Pose, cualificou de «totalmente insuficientes» as medidas anunciadas polo Goberno central para o sector lácteo, nunha entrevista en Radio Xallas .

Pose explicou que as medidas supoñen a continuidade doutras anteriores que remataban ese mesmo día, deseñadas nun momento en que os custos de produción eran máis baixos. Reclamou medidas de maior alcance, tanto en axudas como en actuación sobre os prezos e sobre a imposición destes por parte da industria. Segundo indicou, este ano os custos de produción suben mentres os prezos do leite rexistran a baixada máis grande da súa historia, unha evolución que tamén se repite no sector da carne.

Entrevista en Radio Xallas– Desde o minuto 60

Á crise de prezos engadiu os efectos da seca sobre as explotacións. Pose cifrou en entre un 30% e un 40% a redución media dos ensilados de herba e millo con respecto a anos anteriores, con zonas nas que a caída chega ao 60%, tanto en cantidade como en calidade.

Preguntado pola posibilidade dunha mobilización do sector, afirmou que a organización prioriza primeiro «buscar unha vía de solución» negociada, pero advertiu de que «a movilización está aí» como ferramenta de presión, tanto fronte ás administracións como fronte á industria. Sinalou que tanto o Ministerio de Agricultura como a Xunta de Galicia dispoñen de marxe para adoptar novas medidas.

Modificación do sistema actual de prezos

Sobre o prezo do leite, Pose indicou que Unións Agrarias participa no proceso parlamentario dunha comisión sobre a modificación do sistema actual de prezos, co obxectivo de introducir o contrato de prezo indexado, xa aplicado noutros países.

Citou o caso de Francia, onde, segundo dixo, «existe unha estabilidade que aquí non existe». Explicou que a reivindicación coincide coa modificación da lei de cadea alimentaria a nivel europeo, que obriga a adaptar tamén a normativa española, e cuxo período de exposición pública comezou onte. Entre as medidas que propoñen figuran, ademais do prezo indexado, a duración dos contratos e a figura dun mediador.

«Aquí algo falla»

Pose denunciou que a industria impón as condicións dos contratos e que, mentres a distribución presiona á baixa, son os produtores os que acaban asumindo as baixadas de prezo. Afirmou que, en anos de marxes axustadas para as explotacións, as industrias lácteas declararon incrementos máximos históricos do seu beneficio, e resumiu: «aquí algo falla». Relacionou a falta de estabilidade de prezos coa dificultade do relevo xeracional no sector.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos