Coristanco acollerá os días 19 e 20 de setembro a XLIV edición da Festa da Pataca, cun programa que combina actividades gastronómicas, musicais, deportivas e infantís distribuídas entre a Zona Gastronómica, o Parque Municipal e a Rúa da Pataca.
A xornada do sábado arrincará ás 10.00 horas coa visita libre ao Museo das Gaseosas de Galicia e continuará con xogos de temática tradicional pola Rúa do Muíño e un obradoiro de elaboración de figuras de pataca.

Ás 13.00 horas terá lugar a inauguración oficial e a apertura da Zona Gastronómica, onde se desenvolverá o concurso de figura con pataca.
A tarde incluirá un showcooking a cargo de Daniel del Toro, unha degustación gratuíta de «papa alliñá» e a Gran Foliada cos/as da casa, con agrupacións de música tradicional de Coristanco. A xornada infantil sumará un showcooking con Matracala e un circuíto de obstáculos. Pola noite haberá concurso de elaboración de tortillas, sardiñada tradicional, o monólogo «Enredada» de Leti da Taberna e a actuación musical de Gramola Yé Yé, con repertorio de homenaxe aos anos 60 e 70.

O domingo comezará ás 10.30 horas coa concentración de tractores engalanados na Rúa da Pataca, seguida da actuación de Latexo Percusión e do desfile de tractores.Ao mediodía haberá misa tradicional, pregón e a presentación do evento a cargo de Lupe Blanco, ademais da entrega da «Pataca de Ouro». A tarde contará coa actuación da Orquestra Bravú Xangai, música coa Horta con Brais das Hortas, un concurso de xogos tradicionais —baile da pataca, trueiro e tiro á corda, entre outros— e un novo circuíto de obstáculos para público infantil e adulto.A xornada e a festa pecharán ás 19.30 horas coa entrega de galardóns aos tractores engalanados e o concurso de xincana de tractores.

HORARIOS FESTA DA PATACA DE CORISTANCO 2026
SÁBADO 19 DE SETEMBRO
• 10:00 h a 14:00 h — Museo das Gaseosas de Galicia (visita libre) / Rúa Charrúa, 26 – San Roque.
• 12:00 h a 16:00 h — Xogos de temática tradicional pola rúa / Rúa do Muíño.
• 12:00 h — Obradoiro elaboración figura de pataca / Rúa do Muíño.
• 13:00 h — Inauguración oficial / Zona Gastronómica, ao carón do Concello.
• 13:00 h — Apertura Zona Gastronómica / Zona Gastronómica.
• 13:00 h a 17:00 h — Concurso de figura con pataca, presentación de propostas / Zona Gastronómica.
• 13:30 h — Showcooking – Daniel del Toro / Zona Gastronómica.
• 14:30 h — Degustación gratuíta «Papa alliñá» / Zona Gastronómica.
• 15:00 h — Gran Foliada cos/as da casa – agrupacións de música tradicional de Coristanco / Zona Gastronómica.
• 16:00 h — Showcooking infantil – Matracala / Zona Gastronómica.
• 17:00 h — Probas infantís, circuíto de obstáculos / Zona Infantil.
• 18:30 h — Entrega de premios – Concurso de figura con pataca / Zona Gastronómica.
• 19:00 h — Concurso «A pataca quente» / Zona Gastronómica, ao carón do Concello.
• 19:30 h — Concerto de corais / Edificio de Servizos Múltiples.
• 20:30 h — Concurso de elaboración de tortillas / Zona Gastronómica, ao carón do Concello.
• 21:30 h — Sardiñada Tradicional / Zona Gastronómica.
• 22:00 h — Monólogo Leti da Taberna – «Enredada» / Zona Gastronómica, ao carón do Concello.
• 23:00 h — Actuación musical Gramola Yé Yé (homenaxe 60s-70s) / Zona Gastronómica, ao carón do Concello.

DOMINGO 20 DE SETEMBRO
• 10:00 h a 14:00 h — Museo das Gaseosas de Galicia (visita libre) / Rúa Charrúa, 26 – San Roque.
• 10:30 h — Concentración de Tractores Engalanados / Rúa da Pataca.
• 11:30 h — Actuación musical – Latexo Percusión / Rúa da Pataca.
• 11:30 h — Desfile Tractores Engalanados / Rúa da Pataca.
• 12:30 h — Misa tradicional / Parque Municipal.
• 13:00 h — Pregón / Parque Municipal.
• 13:00 h — Presentación do evento – Lupe Blanco / Parque Municipal.
• 13:00 h — Actuación infantil – O Folión do Zampón / Zona Gastronómica.
• 13:00 h — Apertura Zona Gastronómica / Zona Gastronómica.
• 13:30 h — Entrega «Pataca de Ouro» / Parque Municipal.
• 14:00 h — Orquestra Bravú Xangai / Zona Gastronómica, ao carón do Concello.
• 15:00 h — Actuación musical – Consertasso na Horta con Brais das Hortas / Zona Gastronómica, ao carón do Concello.
• 16:00 h — Concurso de xogos tradicionais (Baile da Pataca, Trueiro, Tiro á Corda…) / Parque Municipal.
• 17:00 h — Circuíto de obstáculos infantil e adultos / Parque Municipal.
• 19:00 h — Entrega de galardóns – Tractores Engalanados e Tractores Engalanados Infantís / Parque Municipal.
• 19:30 h — Concurso Xincana de Tractores / Parque Municipal.

FOTOS- festadapataca.gal


