Veciños de Mazaricos e Santa Comba expresan a súa oposición á planta que Biometano Galicia proxecta nas Maroñas

Veciños das Maroñas (Mazaricos) e de A Pereira e Barbeira(Santa Comba) trasladaron a súa “oposición frontal” ao proxecto industrial que Biometano Galicia pretende instalar na parroquia das Maroñas.

Despois dunha xuntanza coa empresa afirman que “as explicacións ofrecidas non foron suficientes para aclarar as preocupacións da veciñanza nin para ofrecer garantías claras sobre a convivencia da instalación coa poboación da contorna”.

Posibles impactos nas parroquias

Unha das principais preocupacións veciñais é “ o posible impacto que unha instalación destas características poida ter sobre a súa saúde e calidade de vida, especialmente no que se refire a cuestións como os olores, as emisións de gases, o tránsito de vehículos pesados ou a xestión e transporte das materias primas e subprodutos”.

Consideran que na xuntanzan “non se concretaron suficientemente os posibles beneficios que o proxecto tería para as parroquias afectadas”.

Este grupo numeroso de veciños das Maroñas, A Pereira e Barbeira anuncian a súa intención de “continuar defendendo os intereses da veciñanza e reclamando toda a información e garantías necesarias antes de que se avance na súa tramitación. e reclamando toda a información e garantías necesarias antes de que se avance na súa tramitación”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos