A Xunta reclama autorizar os drons no agro galego

A Xunta e representantes das organizacións agrarias e dos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas acordaron manter a reclamación ao Goberno central para que permita o uso de drons na aplicación de determinados tratamentos fitosanitarios fronte ao verme defoliador do millo e ás enfermidades fúnxicas da vide, especialmente en zonas de difícil acceso ou condicionadas pola orografía.

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, abordaron esta cuestión nunha xuntanza con representantes de Unións Agrarias (UUAA), da Asociación Agraria de Galicia (Asaga) e dos consellos reguladores vitivinícolas.

Durante o encontro, os responsables autonómicos informaron de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación denegou as autorizacións excepcionais solicitadas pola Consellería do Medio Rural para realizar aplicacións aéreas destes produtos mediante drons.

Segundo trasladou a Xunta, a normativa estatal que regula estes procedementos está baseada na utilización de aeronaves tripuladas e non contempla o emprego de drons, aos que atribúe unha menor incidencia ambiental e unha maior precisión na aplicación dos tratamentos.

Adaptación da normativa

O Goberno galego sinalou que continuará reclamando ao Ministerio que promova ante a Unión Europea unha adaptación da normativa para permitir este tipo de aplicacións en condicións ordinarias, sen necesidade de declarar previamente unha praga, así como autorizar tratamentos específicos para o verme defoliador do millo e as enfermidades da vide.

Pola súa banda, Unións Agrarias defendeu que, polas características do territorio galego, marcadas polo minifundio, a dispersión parcelaria e unha orografía complexa, os drons constitúen unha alternativa para a aplicación de fitosanitarios. A organización sostén que a proposta non implica incrementar o uso destes produtos, senón mellorar a súa aplicación para aumentar a eficacia e reducir a deriva, mantendo os obxectivos de redución fixados pola normativa europea.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos