ELMEGA deseña en Santa Comba equipamentos para explotacións gandeiras internacionais

A empresa ELMEGA, con sede en Santa Comba e especializada no deseño e fabricación de equipamentos para explotacións gandeiras, destacou a súa aposta pola innovación, a calidade e a internacionalización durante unha entrevista en Radio Xallas, na que María José Otero e Soraya Otero fixeron balance da evolución da compañía e dos seus retos de futuro.

As representantes da firma valoraron de forma positiva o acto celebrado con motivo do 50 aniversario da empresa, que reuniu clientes, provedores, familiares e colaboradores. «A verdade é que quedamos moi contentas e foi un día moi especial», sinalou Soraya Otero, quen tamén destacou que o encontro serviu para agradecer «a confianza que depositaron en nós todos estes anos».

Entrevista en Radio Xallas

Máis aló da conmemoración, ambas puxeron o foco na evolución de ELMEGA desde a súa creación como empresa familiar ata converterse nun referente do sector. «Para nós, ELMEGA forma parte da nosa vida», explicou María José Otero, quen subliñou que medraron vendo «o esforzo dos nosos pais, aprendendo dos valores do traballo, da responsabilidade e do compromiso cos clientes».

Soraya e María José Otero en Radio Xallas

Unha empresa de Santa Comba con presenza en 38 países

A compañía deseña e fabrica en Santa Comba equipamentos destinados principalmente ao vacún, orientados a mellorar o benestar animal e facilitar o traballo diario nas explotacións. «O noso obxectivo é mellorar sempre o benestar animal e facilitar o traballo diario dos gandeiros, mediante solucións innovadoras», indicou.

Durante a entrevista tamén destacaron a presenza internacional da empresa, que exporta os seus produtos a arredor de 38 países. Entre os mercados nos que opera figuran Francia, Alemaña, Italia, Irlanda, Polonia, Estados Unidos, México, Colombia, Chile, Brasil, Arxentina, Uruguai, Marrocos ou Tunisia, entre outros.

As entrevistadas salientaron que o sector gandeiro galego mantén un elevado nivel de profesionalización. «Galicia conta con explotacións moi modernas, profesionais e moi preparadas», afirmaron, ao tempo que aseguraron que «moitas granxas galegas son un exemplo a nivel europeo tanto en produtividade como en benestar animal».

ELMEGA celebrou recentemente un acto do 50 aniversario

Innovación e terceira xeración para garantir o futuro de ELMEGA

Respecto ao futuro de ELMEGA, explicaron que a empresa continúa centrando os seus esforzos no desenvolvemento de novos produtos, na modernización dos procesos produtivos e no reforzo da súa presenza nos mercados internacionais. Tamén destacaron que xa se incorporou a terceira xeración da familia ao proxecto empresarial, co obxectivo de dar continuidade á empresa familiar.

Na recta final da entrevista, agradeceron o apoio recibido durante estas cinco décadas. «Estes 50 anos de historia non serían posibles sobre todo sen os nosos fundadores, os nosos traballadores, clientes e provedores. Queremos agradecer a confianza enorme que depositaron sempre en nós. Afrontamos o futuro coa mesma ilusión que o primeiro día».

ELMEGA, imaxe do 50 aniversario

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos