Xunta e Fundación Adolfo Domínguez impulsan a Iniciativa galega polo liño

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou este mércores un protocolo de colaboración coa Fundación Adolfo Domínguez para poñer en marcha a denominada Iniciativa galega polo liño, un proxecto co que se pretende recuperar o cultivo desta fibra en Galicia e crear un ecosistema produtivo e industrial arredor da súa produción.

Segundo informou a Xunta, o acordo conta cun orzamento inicial de máis de 887.000 euros e inclúe liñas de investigación, desenvolvemento agronómico e validación industrial da fibra, en colaboración co sector téxtil galego. O obxectivo é reintroducir un cultivo que actualmente ten unha presenza residual na comunidade.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda e a Presidenta da Fundación Adolfo Domínguez, Adriana Domínguez asinando o convenio
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda e Adriana Domínguez

Rueda destacou que o liño pode converterse nunha oportunidade para dinamizar o rural e reducir a dependencia de materias primas importadas. “Trátase de revitalizar algo que tivemos durante miles de anos no noso rural”, sinalou o presidente, quen tamén subliñou a dimensión económica do proxecto e a necesidade de transferencia de coñecemento para garantir a súa viabilidade.

A iniciativa inclúe a multiplicación de sementes, a caracterización agronómica e xenética de variedades e a creación de campos de ensaio no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e nos centros de formación de Guísamo, Sergude e Monforte, dependentes da Consellería do Medio Rural. Estes espazos permitirán obter semente para futuras plantacións en distintas zonas de Galicia.

Alfonso Rueda no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo
Alfonso Rueda observando as plantas do liño

Durante o acto, celebrado no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo, Rueda tamén enmarcou o proxecto na identidade cultural galega e na aposta pola marca Galicia Calidade.

A Xunta complementa esta estratexia con medidas de economía circular e reciclaxe téxtil, mentres avanza na construción dunha planta pública de separación de residuos téxtiles en Sogama, cun investimento superior aos 22 millóns de euros.

Pola súa banda, a Fundación Adolfo Domínguez e a firma Adolfo Domínguez destacan a alta demanda de liño no mercado e o potencial de Galicia para posicionarse neste sector. A presidenta da Fundación Adolfo Domínguez, Adriana Domínguez explicou que hai moi demanda deste tecido de alta calidade e que Galicia podería converterse nun referente desta industria como é Flandes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos