O Son da Curuxa pon en valor a Ovella Galega

Interesante traballo divulgativo dos autores Jorge Castelo Mourelle, Roberto López Castro e Sergio Vázquez García, publicado no blog O Son da Curuxa, que ofrece unha completa información sobre a ovella en Galicia.

O artigo non só aborda a orixe e domesticación da Ovis aries, senón que tamén afonda na evolución histórica da cabana ovina no territorio galego, no seu papel esencial na economía de subsistencia tradicional e na súa progresiva perda de peso fronte a outras especies gandeiras ao longo dos séculos XIX e XX.

Iso sí un traballo centrado na análise da Ovella Galega, raza autóctona que hoxe representa un auténtico patrimonio xenético e cultural. O texto destaca a súa adaptación ao medio atlántico, a súa rusticidade, a elevada capacidade reprodutiva e a súa importancia como reservorio de diversidade xenética, elementos que a converten nun recurso clave para o futuro do sector gandeiro extensivo en Galicia.

Así mesmo, o artigo recupera con gran detalle o valor histórico da ovella na vida rural: desde o aproveitamento da la e da carne ata o seu papel na elaboración de instrumentos, queixos e produtos artesanais, sen esquecer o seu peso na organización social das aldeas galegas.
Podes acceder ao artigo desde esta ligazón

Accede ao artigo do Son da Curuxa

Foto- Libro Raza ovina gallega.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos