Medio Rural destaca o apoio á Cooperativa Xallas

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou a Cooperativa Xallas, no concello de Santa Comba, para coñecer os investimentos realizados coa colaboración da Consellería do Medio Rural.

A entidade recibiu unha axuda de 100.000 euros destinada á construción dunha nave almacén para gardar produtos destinados exclusivamente aos socios, entre eles forraxes, abonos e produtos fitosanitarios.

Durante a visita, Balseiros destacou que este tipo de achegas contribúen a incrementar o valor engadido das producións agrarias e a fortalecer a actividade económica no territorio.

José Balseiros visitou o almacén da Cooperativa Xallas
Balseiros na visita ao almacén da Cooperativa Xallas de Santa Comba

Liñas de axudas da Xunta de Galicia

A convocatoria correspondente ao período 2026-2028 conta cun orzamento de 19 millóns de euros e inclúe dúas liñas de apoio, unha centrada en investimentos con obxectivos ambientais e outra orientada á transformación e comercialización das producións agrarias.

Segundo lembrou o representante da Xunta, desde o ano 2016 destináronse máis de 195 millóns de euros para apoiar 614 proxectos vinculados á transformación e comercialización de produtos agroalimentarios en Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos