A vaca rubia galega gaña presenza fóra de Galicia

A raza rubia galega continúa aumentando a súa implantación fóra da comunidade. Segundo informaba a TVG, un empresario da provincia de Sevilla adquiriu nas últimas semanas arredor de corenta cabezas de gando a varios criadores galegos para incorporalas á súa explotación.

Que se interese por unha raza como a rubia galega quere dicir que algo se está facendo ben coa raza para que chegue ao outro extremo da Península e tamén a fóra» explicaba Laura Arias, directora técnica de ACRUGA.

Entre os vendedores figura unha granxa do concello do Corgo, que forneceu un lote de vacas seleccionadas, principalmente animais xestantes con boas condicións xenéticas.

Segundo a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, o comprador prevé desenvolver tamén un proxecto relacionado coa comercialización de carnes gourmet, entre elas a procedente desta raza autóctona.

Vaca rubia galega na Feira de Silleda

120 millóns de euros de valor

Os produtores valoran esta operación como unha nova vía para a expansión da rubia galega noutros territorios. Destacan factores como a calidade da carne, o manexo dos animais e as súas características produtivas.

Na actualidade, os prezos dos exemplares vivos superan en moitos casos os tres mil euros por cabeza. O sector agarda que continúe a saída de novos lotes cara a outras comunidades e mercados exteriores.

A Asociación de Criadores de Rubia Galega conta con preto de mil trescentos socios e reúne arredor de corenta mil cabezas de gando, cun valor estimado superior aos cento vinte millóns de euros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos