Elmega cumpriu 50 anos

A empresa xalleira Elmega cumpriu 50 anos cunha festa de celebración nas súas instalacións do Camiño Vello de Mourelle en Santa Comba, onde non faltou a boa gastronomía (pulpo e churrasco) e a música, para compartir ese momento histórico cos seus empregados e clientes. Máis de medio milleiros de persoas chegadas desde distintos puntos de Europa.

O evento contou coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, que definiu a esta empresa como un referente da innovación do sector agrogandeiro en Galicia.

Gómez recalcou que detrás de cada avance tecnolóxico hai un obxectivo moi claro e importante por parte de Elmega, “facerlle a vida máis fácil ás persoas que traballan todos os días no campo”. Afirmou que ao longo dos anos a empresa afincada en Santa Comba logrou desenvolver unha tecnoloxía propia, rexistrar patentes e modelos industriais e consolidarse como un referente dentro e fóra de Galicia.

Tamén fixo fincapé no compromiso de Elmega co territorio. Expresou que, nun momento no que a innovación se adoita vincular aos grandes centros urbanos, esta empresa demostra que tamén dende o rural se pode crear industria, xerar emprego, desenvolver tecnoloxía e competir nos mercados internacionais.

A corporación municipal de Santa Comba tamén estivo representada polo seu alcalde, Alberto Romar e pola portavoz do PP, María Pose.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos