ABUFA reclama o recoñecemento do burro fariñeiro

O burro fariñeiro continúa sendo unha das grandes razas esquecidas do patrimonio animal galego. A pesar da súa importancia histórica e cultural, segue sen contar cun recoñecemento oficial como raza autóctona, unha situación que preocupa profundamente a Xacobo Pérez Paz, presidente de ABUFA, a Asociación para a Defensa e Protección Medioambiental do Burro Fariñeiro de Galicia.

“Galicia ten unha raza que non está recoñecida; e se non está recoñecida oficialmente, para a administración non existe”, lamenta. Nunha entrevista en Radio Xallas lembrou que a entidade que presidem leva anos reclamando a protección institucional dun animal que formou parte esencial da vida rural galega e que, segundo advirte, se atopa “en risco extremo de desaparición”.

Xacobo Pérez Paz en Radio Xallas

Características do burro fariñeiro

O burro fariñeiro caracterízase pola súa pequena estatura, a súa gran resistencia e unha notable capacidade de adaptación aos camiños húmidos e estreitos do rural. “Son burros hipométricos, baixiños, moi lixeiros e extraordinariamente intelixentes”, explica. Historicamente empregábanse para transportar gran aos muíños e regresar coa fariña ás casas, de aí a súa denominación tradicional.

Para o presidente de ABUFA, o valor desta raza vai moito máis alá do aspecto produtivo. “O burro sociabiliza moi ben co ser humano”, afirma, destacando tamén a súa utilidade en terapias e programas educativos. Segundo relata, estes animais contribúen ao benestar emocional das persoas maiores e favorecen a actividade física e a interacción social no rural.

Burro fariñeiro albino en Montes Claros- A Laracha

Experiencia no Castro de Montes Claros

Nos últimos anos, o colectivo impulsou distintas iniciativas de divulgación e conservación, entre elas a participación no parque arqueolóxico de Montes Claros, na Laracha, onde burros fariñeiros e outros équidos realizan labores naturais de control da biomasa. “É o primeiro parque arqueolóxico de Galicia que utiliza animais para desbrozar de maneira natural”, explica.

Xacobo Pérez considera que o principal problema foi a perda progresiva do uso tradicional destes animais coa mecanización do campo. “Chegaron os motocultores, os tractores e os burros foron desaparecendo”, resume. Aínda así, insiste en que a raza conserva un enorme valor cultural, ambiental e terapéutico.

“Cando unha raza desaparece, non se recupera”, advirte. Segundo sinala, a desaparición do burro fariñeiro suporía a perda dun patrimonio xenético e histórico irrepetible para Galicia. Por iso reclama ás administracións unha maior implicación para garantir a conservación dunha raza que define como “de todos os galegos”.

“O verdadeiro valor dunha raza está en mantela viva antes de que sexa demasiado tarde”, conclúe.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos