Iván García: “A Barni gústalle saír á pista”

O gandeiro Iván García, da Gandería O Rubio de Santa Comba, destacou o esforzo acumulado durante anos de preparación como clave no éxito acadado pola vaca Barni no recente concurso autonómico de Moimenta, onde o exemplar obtivo a máxima distinción.

Durante a entrevista en Radio Xallas, García explicou que a preparación destes animais require unha dedicación constante e prolongada no tempo, cun traballo que se estende durante meses e mesmo anos. “Xa levamos un par de anos traballando”, indicou, en referencia ao proceso seguido con Barni antes de chegar á competición.

O gandeiro incidiu en que o resultado final depende de múltiples factores e que os detalles xogan un papel determinante: “Calquera detalle mínimo, calquera fallo que poidas cometer, pois é o que fai que pases do primeiro posto a poder quedar o último”. Neste sentido, subliñou a importancia da posta a punto nos días previos ao concurso.

García tamén puxo en valor o papel do seu irmán Iker no desenvolvemento do animal, asegurando que “del débolle moito ao meu irmán, que é quen máis pelexou con esta vaca”.

Entrevista en Radio Xallas

Barni, de catro anos de idade e cunha destacada produción leiteira, xa destacara en anteriores certames. En canto ás características da vaca, o gandeiro describiuna como un animal esixente no manexo diario: “É unha vaca delicada, que ao mínimo xa está intranquila”. A pesar diso, resaltou a súa actitude en competición, onde responde con seguridade: “Gústalle saír á pista”.

Sobre o proceso de preparación, comparouno co adestramento dos deportistas de elite: “Intentamos que estean ben fisicamente e traballamos con elas”, explicando que o coidado inclúe tarefas continuas como o lavado, o corte de pelo e o control da alimentación, no caso de Barni cunha selección personalizada.

Ademais, destacou que a motivación principal para participar nestes concursos non é económica, senón vocacional: “Isto dos concursos non é por cartos, é unha paixón”. Segundo indicou, o obxectivo é ver recompensado o traballo realizado co paso do tempo.

Finalmente, cualificou a experiencia como especialmente relevante a nivel persoal, destacando o valor de compartila co seu irmán: “Para min foi un momento moi especial”, sinalou.

Un auténtico orgullo que unha gandería de Vilamaior, no concello de Santa Comba, sexa un referente en toda Galicia.

Foto Guillaumemoyy

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos