Roberto García: “O tratado de Mercosur é unha garantía de alimentación para o sector leiteiro”

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, defendeu en Radio Xallas unha posición de vixilancia sobre o acordo entre a Unión Europea e Mercosur, aínda que tamén subliñou as oportunidades que pode representar para o sector gandeiro galego.

Segundo explicou, “hai motivos para estar atentos a que se cumpra o firmado”, polo que reclamou controis e garantías para que se respecte o pactado e exista igualdade de condicións para os produtores europeos.

Ao mesmo tempo, destacou a importancia do tratado para asegurar a chegada de materias primas destinadas á alimentación animal, fundamentais para o funcionamento das explotacións. “Desde o sector leiteiro, incluso desde o sector gandeiro, o tratado de Mercosur é unha garantía de abastecemento de alimentación”, afirmou.

Roberto García lembrou que o sector destina cada ano unha elevada cantidade económica á compra destes produtos, ao sinalar que “case setecentos millóns de euros gastamos todos os anos” en pensos e insumos para a cabana gandeira.

Nesa liña, indicou que “ter garantido que do Mercosur van seguir vindo vía barcos tres millóns de toneladas” de cereais, soia e outras materias primas para pensos supón unha garantía de estabilidade para o campo galego.

O dirixente agrario tamén advertiu da necesidade de supervisar a entrada doutros produtos sensibles, especialmente a carne, para evitar competencia desleal. Neste sentido, insistiu en que cómpre velar polo cumprimento das cotas, controis sanitarios e condicións de produción esixidas na Unión Europea.

Para García, o acordo pode abrir posibilidades comerciais e asegurar subministracións básicas, pero sempre que vaia acompañado de reciprocidade, transparencia e defensa dos intereses do campo galego.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos