A Xunta fiscalizará contratos e cisternas de leite para protexer aos gandeiros

A Consellería do Medio Rural activará un plan especial de control sobre o sector lácteo e remitirá á Comisión Galega da Competencia toda a información relativa á renovación dos contratos, segundo anunciou este martes a conselleira María José Gómez durante unha visita ao Porriño.

A responsable autonómica explicou que esta decisión responde ás denuncias sobre a posible entrada de leite procedente doutros países e ao contexto de renovación contractual, marcado por baixadas de prezos que a Xunta considera “inxustificadas”.

A conselleira detallou que, ademais das inspeccións rutineiras, “implementamos un plan especial de control” para reforzar a vixilancia do sector. Neste sentido, a Administración galega revisará “todos e cada un dos contratos” asinados pola industria co obxectivo de comprobar que non existen incumprimentos. No caso de detectalos, a información será trasladada á Comisión Galega da Competencia para a súa análise e posibles actuacións.

Medidas de control

O plan inclúe tamén controis “estritos” ás cisternas que entren en Galicia procedentes doutros países, co fin de verificar tanto a calidade do leite como o prezo ao que se introduce no mercado. A Xunta pretende así evitar situacións de competencia desleal que poidan prexudicar aos produtores galegos. De existir irregularidades, estas tamén serán comunicadas ao organismo competente.

Ademais, a Consellería supervisará que todo o leite importado cumpra coa etiquetaxe obrigatoria da Unión Europea, garantindo a súa rastrexabilidade.

Estas medidas chegan tras unha renovación dos contratos lácteos á baixa, nun contexto no que, segundo indicou Gómez, a Administración autonómica mantivo contactos coa industria, a distribución, os produtores e os sindicatos sen lograr evitar esa caída nos prezos.

A conselleira sinalou que actualmente hai 20 expedientes abertos en relación co sector e reiterou o obxectivo de “protexer o sector primario”, ao tempo que solicitou a colaboración de todos os axentes implicados.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos