Unións Agrarias pide á Fiscalía investigar importacións de leite

O sindicato Unións Agrarias (UUAA) presentou unha denuncia ante a Fiscalía da Coruña para solicitar que investigue as importacións de leite procedente de Francia e Portugal, ao considerar que poderían estar a empregarse para abaratar o prezo en orixe en Galicia.

Manobra orquestrada da industria

O responsable do sector lácteo de UUAA, Óscar Pose, explicou que desde o pasado mes de agosto as industrias estarían a realizar “unha manobra orquestrada para baixar o prezo do contrato a partir do 1 de abril”. Segundo indicou, detectouse unha entrada “masiva” de leite foráneo que estaría a provocar unha redución de “uns 7 ou 8 céntimos” no prezo.

Pose detallou que o incremento das importacións situouse entre o 100 % e o 150 % nos últimos meses e sinalou que a denuncia busca que a Fiscalía “investigue” a situación e solicite “documentación” ás industrias implicadas.

Piden inspecciòns

A organización agraria tamén pediu ás administracións que realicen controis para verificar a trazabilidade e o prezo do leite que entra nas plantas galegas. Neste sentido, reclamou á Xunta e ao Goberno central que actúen nas súas competencias de inspección.

Unións Agrarias sostén que este aumento das importacións coincide co proceso de renovación dos contratos lácteos e considera que pode estar a influír nas condicións ofrecidas ás explotacións galegas.

Ademais, o sindicato lembrou que os custos de produción das granxas incrementáronse nas últimas semanas, mentres que as industrias estarían presentando propostas de baixada de prezos, o que, segundo indicou, entra en contradición co establecido pola Lei da Cadea Alimentaria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos