Ana Pontón:»O goberno galego non está apoiando como debera ao sector agrogandeiro»

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, axudas directas para o sector agrogandeiro galego ante o aumento dos custos de combustibles, fertilizantes e alimentación animal, consecuencia da escalada inflacionista derivada da guerra en Irán.

Pontón instou ao Executivo a apoiar aos produtores e gandeiros e abrir liñas de crédito para as pemes do sector. Ademais, reclamou a aplicación estrita da lei da cadea alimentaria para garantir prezos xustos do leite. “Como pode ser que os nosos gandeiros e gandeiras produzan un leite de primeira, pero lles estean pagando os prezos máis baixos de todo o Estado?”, sinalou durante a súa visita á granxa Pazos en Mazaricos, onde destacou a calidade do produto e a transformación con marca propia.

Pontón advertiu de que a industria anunciou recortes de ata oito céntimos por litro nos próximos contratos, agravando a situación dun sector que produciu o 42 % do leite fresco do Estado en 2025, pero recibiu os prezos máis baixos. A líder nacionalista tamén destacou a necesidade de mobilizar 100.000 hectáreas ata 2030 para ampliar a superficie das explotacións e mellorar a competitividade.

Pontón pediu resolver as axudas de 2025 para a incorporación de xente moza, fronte ao escaso relevo xeracional, dado que só o 3,5 % das explotacións están a cargo de persoas menores de 35 anos. “Estas son medidas que un goberno comprometido co sector estaría tomando”, afirmou.

Finalmente, a portavoz subliñou a situación das infraestruturas en Mazaricos e a rede de camiños rurais deteriorada polos temporais recentes. Pontón anunciou que o BNG levará ao Parlamento galego unha iniciativa para habilitar créditos aos concellos, “básico para que as explotacións gandeiras poidan desenvolver a súa actividade con normalidade”, garantindo que os camiños poidan ser arranxados e as explotacións manter a súa actividade sen interrupcións.

Na súa visita a Mazaricos estivo acompañada polo alcalde Juan Blanco e pola deputada autonómica Ariadna Fernández.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos