Colectivos do sector primario galego rexeitan o acordo UE-Mercosur

Diversas organizacións do sector primario galego advertiron do impacto que podería ter a aplicación do acordo comercial entre a Unión Europea e os países do Mercosur e manifestaron o seu rexeitamento á súa sinatura e implantación ao considerar que supón “unha ameaza” para a produción agropecuaria.

Nun manifesto conxunto, as entidades sinalan que o acordo marco entre a UE e Arxentina, Brasil, Uruguai e Paraguai contempla cláusulas de liberalización arancelaria que, ao seu xuízo, poderían provocar unha maior entrada de produtos agrarios no mercado europeo e unha baixada de prezos que afectaría especialmente ao sector da carne, tanto de vacún como avícola, aínda que tamén a outros ámbitos produtivos como o apícola ou o da castaña.

Segundo indican, no caso da carne de bovino prevese a importación na Unión Europea de ata 99.000 toneladas equivalentes de canais procedentes dos países do Mercosur, das que 55.000 corresponderían a carne fresca e 44.000 a carne conxelada.

As organizacións asinantes lembran que esta situación se produciría nun contexto de perda continuada de explotacións gandeiras en Galicia nos últimos anos. Segundo os datos que recollen no documento, a comunidade perdeu o 10 % das granxas con vacas aleitantes, o 38,7 % dos cebadoiros e o 23,22 % das explotacións de carne.

A pesar desta evolución, Galicia continúa a ser a terceira produtora de carne de bovino do Estado español, cun 13,96 % da produción total, por detrás de Cataluña e Castela e León.

As entidades consideran que a entrada de carne procedente de América do Sur podería ter consecuencias no sector primario galego e no mantemento das explotacións agrarias, especialmente nas zonas do interior das provincias de Lugo e Ourense, onde a gandería extensiva ten maior peso.

O manifesto foi subscrito pola Asociación Gandeira da Rubia do País, Asociación de Productoras Alimenta, Sindicato Labrego Galego, Asociación Estruga Espazo Agroecolóxico, Asociación para a Desentensificación Non Agro (AEDA), Fruga, Gandeiras e Gandeiros Galegos Elas Eles, Asociación Ecoloxista Adega, Carqueixa Asociación dos Ancares, Casa do Mel, Asociación Apícola Galega, Asociación Apícola Lucense, Asociación AGA e a Asociación de Consumidores Acouga.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos