O BNG organizou en Mazaricos unha xornada sobre o sector lácteo

O local social de San Cosme de Antes, en Mazaricos, acolleu o pasado xoves unha charla informativa organizada polo BNG, na que participaron gandeiros e profesionais do sector agrogandeiro da comarca. O encontro tivo como obxectivo recoller propostas e medidas que poidan facilitar a actividade do sector.

Dermatose Nodular

Durante a xornada abordáronse diversas cuestións, entre elas a ameaza da Dermatose Nodular Contaxiosa, recentemente detectada en Aragón, que suscita preocupación polo seu posible impacto económico nas explotacións galegas. Coincidiuse na importancia da bioseguridade e da vacinación para previr a propagación da enfermidade, que require o baleirado sanitario das ganderías afectadas para deter o seu avance.

Sector Lácteo

A deputada Ariadna Fernández repasou a situación do sector lácteo, destacando a relevancia de Galicia no ámbito estatal e o previsible incremento da produción nos próximos anos. Tamén comentou a prevista redución de prezos por parte das industrias, que afectará aos produtores a partir de marzo.

Xosé Manuel Puga analizou os efectos do tratado de Mercosur sobre o agro galego e os cambios derivados da posible diminución dos fondos da PAC.

Durante o encontro, as persoas participantes expuxeron tamén dificultades relacionadas coas infraestruturas, especialmente estradas e vías de acceso ás explotacións, e intercambiaron propostas e medidas para mellorar as condicións de traballo e o futuro do sector na comarca.

O acto, moderado polo responsable do BNG de Mazaricos, Fernando Rial, contou co presenza do alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, do responsable local de Santa Comba, Juan Sixto e do portavoz municipal nacionalista de Negreira,  Xosé Ramón Blanco (Pichi), entre outros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos