Rueda pide garantías para o agro galego ante Mercosur e a nova PAC

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse co comisario europeo de Agricultura e Alimentación, Christophe Hansen, para trasladarlle a posición do Goberno galego ante o acordo comercial entre a UE e Mercosur e a negociación da nova Política Agraria Común (PAC) no marco financeiro 2028-2034. Segundo indicou, considera que é “unha gran oportunidade” ao estar en fase de decisión.

Acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, Rueda subliñou o peso do sector primario en Galicia. Lembrou que a comunidade é a principal rexión produtora de leite de España e a novena de Europa, cun 2,1% da produción europea, ademais de xerar o 1,5% da carne de vacún e contar con cinco denominacións de orixe vitivinícolas con exportación internacional.

Estrita observación das cláusulas de salvagarda

En relación co acordo con Mercosur, solicitou que se cumpra o regulamento europeo de salvagardas aprobado en xaneiro e que se reforcen os controis en orixe e nas fronteiras. “Quixemos volver insistir na necesidade dunha estrita observación de todas as cláusulas de salvagarda”, afirmou. Segundo explicou, o comisario comprometeuse a incrementar as inspeccións, lembrando que as aduanas dependen dos Estados membros. Galicia, engadiu, colaborará a través das inspeccións de consumo e saúde pública.

Sobre a futura PAC, Rueda sinalou que o comisario lle trasladou que arredor do 95% dos fondos que recibe España se manterían, mentres o 5% restante continúa en negociación. Destacou a relevancia destas axudas para a modernización e a remuda xeracional e defendeu manter o modelo de xestión descentralizada.

Na reunión tamén se abordou a situación sanitaria ante os focos de dermatose nodular contaxiosa. O presidente pediu maior flexibilidade nas medidas e a implicación da Comisión Europea no desenvolvemento dunha vacina preventiva para reducir o risco nas explotacións de gando vacún.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos