O BNG analiza en Mazaricos a situación do sector lácteo galego

Mazaricos acollerá este xoves 5 unha charla informativa sobre a situación actual do sector lácteo e as previsións de baixada dos prezos en orixe. O encontro celebrarase no local social de San Cosme de Antes ás 16.00 horas e contará coa participación de representantes do Bloque Nacionalista Galego (BNG) a nivel local e nacional.

Segundo a organización, están convidados gandeiros e gandeiras das comarcas de Xallas —Santa Comba e Mazaricos— e Barcala —A Baña e Negreira—.

Ariadna Fernández, Xosé Manuel Puga e Fernando Noia

Na xuntanza intervirán o responsable local do BNG, Fernando Noia; o responsable de Medio Rural da formación, Xosé Manuel Puga; e a deputada Ariadna Fernández. O encontro servirá para trasladar a visión do Bloque sobre a actualidade do medio rural e recoller as inquedanzas do sector lácteo nun contexto marcado pola renovación de contratos coas industrias a finais de marzo.

Xosé Manuel Puga sinalou que “malia ser grandes produtores non temos a rendibilidade que merecemos por un produto de máxima garantía sanitaria e calidade”, e apuntou que en Galicia se percibe “o prezo por litro máis baixo do estado”. O responsable nacionalista animou á participación do sector para expoñer necesidades e preocupacións.

Baixadas de prezo

Durante a sesión abordaranse as posibles baixadas do prezo do leite en orixe anunciadas por empresas, así como outras cuestións que afectan ao rural galego. Entre elas figuran as enfermidades emerxentes, como a dermatose nodular contaxiosa, detectada recentemente noutras comunidades, e as súas medidas de prevención.

Tamén se analizarán os efectos do tratado de Mercosur nas producións galegas e a evolución dos fondos da Política Agraria Común (PAC). O encontro ten como obxectivo compartir información co sector e expoñer propostas en relación coa viabilidade das explotacións gandeiras.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos