“A alimentación non se pode usar como moeda de cambio”

Sindicato Labrego Galego insiste no seu rexeitamento o acordo de Mercosur e pide que a Xunta

María Ferreiro, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, destacou hoxe en Radio Xallas que a organización mantén un posicionamento firme en contra do acordo comercial entre a Unión Europea e o Mercosur. Segundo Ferreiro, “o Sindicato Labrego Galego xa manifestara no Consello Agrario Galego o seu rexeitamento total ao acordo de Mercosur” e subliñou que as medidas de salvagarda propostas non son suficientes para protexer ao sector agroalimentario galego, especialmente ás producións de carne. “A realidade é que cando chega a entrada de produtos do exterior, os prezos ao produtor baixan, e o dano xa está feito”, explicou.

A líder do sindicato denunciou que os controis aduaneiros son insuficientes e que só se inspecciona un pequeno porcentaxe das importacións, o que deixa ás persoas produtoras “desprotexidas” fronte ás macroexportacións de macroindustrias agroalimentarias. Ferreiro sinalou que a organización continuará mobilizándose e traballando en alianza coa cidadanía e outras organizacións para que, no caso de que o acordo avance, “a alimentación se saque fora do acordo e non se use como moeda de cambio para outros intereses”.

No ámbito da Política Agraria Común (PAC), Ferreiro valorou positivamente os puntos de consenso alcanzados no Consello Agrario Galego, que inclúen a defensa dun orzamento sólido para o sector e a oposición a recortes e ao desmantelamento da PAC actual. Non obstante, advertiu que o sindicato seguirá promovendo sistemas de produción máis agroecolóxicos e resilientes, co obxectivo de garantir ingresos estables ás persoas agricultoras. “A PAC debería cubrir unha verdadeira axuda á renda e actuar en momentos de dificultades de diferentes sectores”, indicou.

Contratos lácteos

Sobre as ofertas de contratos lácteos á baixa, Ferreiro sinalou que Galicia, como principal produtora do Estado, debe protexer esta produción fronte ás baixadas de prezos e prácticas comerciais que poidan afectar ás persoas produtoras. “Ao final estamos falando dun alimento básico nas nosas necesidades alimentarias e, por tanto, é un traballo que valoramos como positivo”, rematou.

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, insistiu en que a Consellería de Medio Rural debería actuar de xeito activo ante a situación do leite en Galicia, “como comunidade onde se produce a maior produción de leite, deberíase poñer un traballo activo de presión con todas as partes do sector produtivo” e engadiu que a administración autonómica “debería poñerse ao fronte desta nova situación e desta ameaza real que estamos a vivir, para que se consolide unha menor afectación posible para os produtores.”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos