10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

Noelia Rodríguez: «A presión e a reivindicación na rúa non pode cesar»

A presidenta da Asociación de Gandeiros Agromuralla, Noelia Rodríguez, analizou en Radio Xallas a situación do sector agrogandeiro, centrando a súa intervención en dous asuntos que cualificou como determinantes para o futuro do rural: a tramitación do acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur e as negociacións sobre a Política Agraria Común (PAC).

Sobre Mercosur, Rodríguez explicou que a preocupación no sector “segue estando aí”, aínda que destacou un paso que considera relevante: o texto do tratado será sometido ao exame do Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Segundo indicou, isto debería deixar o proceso “en stand-by” mentres non exista un pronunciamento. “Agora hai que esperar a que o Tribunal de Xustiza se pronuncie sobre a legalidade ou a concordancia deste texto coa normativa interna europea”, afirmou.

Entrevista en Radio Xallas- Desde o minuto 60

«Un non pode ter 20 trabas e outro ningunha»

Rodríguez sinalou que, aínda que o acordo foi asinado en Paraguai, debe ser ratificado na Unión Europea, e defendeu que non debería aplicarse provisionalmente. “En teoría, non deberían, porque hai que esperar”, dixo, aínda que advertiu de que existen presións políticas para aceleralo. A presidenta de Agromuralla insistiu en que a mobilización foi determinante para que se producise este paso: “Conseguiuse grazas á presión social”, asegurou, e engadiu que “a presión e a reivindicación na rúa non podn cesar”.

Na entrevista tamén expuxo as razóns polas que o sector ve con preocupación o acordo, ao considerar que pode xerar competencia en desigualdade de condicións. “Aquí non se está falando en contra da libre competencia, senón de que un non pode ter 20 trabas e outro ningunha”, resumiu. Rodríguez apuntou que as granxas europeas están sometidas a normativas cada vez máis restritivas e custos de produción máis elevados, o que, segundo explicou, dificultaría competir en prezos fronte a produtos procedentes do Mercosur.

Prezos xustos

En relación coa PAC, Rodríguez afirmou que o escenario actual está “bastante turbio” e chamou a atención sobre o debate existente arredor dun posible recorte. Indicou que, segundo a súa percepción, nesta ocasión o proceso está marcado por decisións económicas. “O que chama poderosamente a atención é que a PAC non a está negociando o Ministerio de Agricultura, senón Facenda”, afirmou. Agromuralla pide que, se se confirma un recorte, non se toquen os piares básicos do sistema.

Rodríguez defendeu que o sector non quere depender de subvencións. “Nós sempre defendemos que por nós a PAC que a quiten, sempre que se nos pague o produto polo prezo que ten que ser pagado”, sinalou.

No último tramo da entrevista, referiuse ás ofertas de renovación de contratos do leite. Segundo explicou, algunhas industrias puxeron enriba da mesa baixadas importantes. “A horquilla de baixada, nalgún caso, xa chegou a 8 ou 9 céntimos”, indicou, aínda que precisou que se trata de ofertas iniciais e que agora comeza a negociación.

Afirmou que, na situación actual, “non existe” unha razón que xustifique esa baixada e apuntou ás estatísticas máis recentes, que recollen unha redución da produción e tamén do número de explotacións. A presidenta de Agromuralla advertiu de que cada vez quedan menos granxas e cuestionou “onde se vai buscar o leite no futuro” se continúa esta tendencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos