8.6 C
Santa Comba
viernes, febrero 13, 2026

Vimianzo lanza en FITUR a campaña “Comeza a túa conquista”

O Concello de Vimianzo presentou esta mañá en FITUR, en Madrid, a súa nova campaña turística baixo o lema “Vimianzo. Comeza a túa conquista”.

A iniciativa inclúe unha peza audiovisual de minuto e medio que pretende situar Vimianzo como campamento base da Costa da Morte, un punto estratéxico desde o que acceder aos principais destinos da comarca, como Fisterra, Camariñas, Laxe ou Malpica.

A campaña destaca a autenticidade, tranquilidade e conectividade do municipio, convidando ás persoas visitantes a conquistar a experiencia da Costa da Morte sen présas e sen masificacións, gozar da paisaxe, a cultura e a gastronomía local.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, subliñou que Vimianzo é un lugar “para chegar, quedar e desde o que comezar a descubrir todo o que pode ofrecernos a Costa da Morte”, reforzando a idea de que este municipio é o corazón lóxico e emocional da comarca.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos