9.7 C
Santa Comba
viernes, febrero 13, 2026

Roberto García: «A seguridade xurídica é unha garantía para todos, non un obstáculo”

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, en relación coa recente votación do Parlamento Europeo sobre o acordo UE–Mercosur, destacou a importancia de solicitar un ditame ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea, unha medida que a organización levaba tempo reclamando. Segundo explicou, “nun acordo tan importante como o UE–Mercosur, poñer o proceso baixo control xurídico non só é razoable, é imprescindible”.

O representante sindical subliñou que o acordo ten un alcance significativo, con consecuencias directas para sectores clave como a agricultura e a gandería. Por iso, considera que “aclarar as dúbidas xurídicas antes de seguir adiante non é poñer paus nas rodas, senón actuar con responsabilidade. A seguridade xurídica é unha garantía para todos, non un obstáculo”.

Tras a votación, iniciase agora un período de espera ata que o Tribunal emita o seu ditame, un proceso que poderá levar tempo pero cuxo resultado será vinculante e determinará o camiño a seguir das institucións europeas. “Ese ditame pode ter distintos efectos: desde frear o acordo tal e como está, ata permitir que siga adiante pero con cambios e condicións”, explicou.

Non á aplicación provisional

UUAA advertiu tamén sobre a aplicación provisional do acordo. Segundo detallou, aínda que a ratificación definitiva quede en suspenso, partes do acordo poderían aplicarse de forma práctica sen ditame xurídico se o Consello da UE así o decide. Isto xera, segundo a organización, un risco evidente de inseguridade para os sectores máis expostos.

Neste contexto, UUAA apelou ao Parlamento Europeo para que adopte medidas que impidan a aplicación provisional ata que exista unha base xurídica clara. A organización reafirmou que seguirá en contacto cos sectores máis afectados durante este período, co obxectivo de garantir que, se o acordo avanza cara á ratificación, se faga “con garantías reais, con regras claras e con mecanismos de control efectivos. Porque non se pode aplicar un acordo destas dimensións sen seguridade xurídica para o sector agrario. E iso require traballo, non consignas simples”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos