8.1 C
Santa Comba
viernes, febrero 13, 2026

AFRICOR avanza na mellora xenética do gando frisón co apoio da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña mantén o seu apoio ao sector lácteo a través do plan de mellora xenética do gando frisón que impulsa AFRICOR. A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, reuniuse en Santiago coa directiva da Asociación Provincial de Criadores de Gando Frisón da Coruña (AFRICOR), encabezada polo seu presidente, Fernando Suárez Mouro, para avaliar o impacto das axudas provinciais a este proxecto.

A Deputación colabora con AFRICOR desde hai anos na realización de probas xenómicas co obxectivo de mellorar a calidade xenética do gando vacún frisón, incrementar a competitividade das explotacións e avanzar cara a un modelo máis eficiente e sostible.

Desde a entidade destacaron que esta colaboración permitiu facilitar o acceso ao xenotipado das becerras, reducindo custos e favorecendo a incorporación de máis gandeiros ao programa de recría xenómica de CONAFE.

Desde 2018 rexistrouse un aumento notable do número de animais xenotipados, o que se traduce nunha mellor selección reprodutora, na prevención de enfermidades xenéticas e nunha maior rendibilidade das explotacións.

AFRICOR propuxo estender o xenotipado ao cen por cen das trinta mil becerras frisóns da provincia. Cristina Capelán subliñou que a mellora xenética é clave para garantir o futuro do sector lácteo coruñés.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos