10.9 C
Santa Comba
domingo, febrero 1, 2026

Gandeiros e agricultores reclaman un veto político ao acordo UE-Mercosur

Centos de agricultores e gandeiros manifestáronse este luns en Lugo para rexeitar a sinatura do acordo comercial entre a Unión Europea e os países do Mercosur.

A protesta, convocada por Agromuralla, Gandeiros Galegos da Suprema e outras organizacións do sector, contou coa participación duns cincuenta tractores e percorreu o centro da cidade desde a sede da Xunta de Galicia ata a Subdelegación do Goberno.

Os convocantes advirten de que a entrada en vigor deste tratado poría en risco a viabilidade das explotacións galegas e a seguridade alimentaria da poboación, ao permitir a importación de produtos con estándares de calidade, sanitarios e ambientais inferiores aos esixidos na Unión Europea.

Durante a mobilización, os produtores leron manifestos dirixidos ás administracións autonómica e estatal nos que alertan de consecuencias como a destrución de explotacións familiares, a perda de emprego no rural, o aumento da dependencia alimentaria exterior e a competencia desleal para o sector agrogandeiro.

As organizacións participantes reclaman un “veto político” á sinatura do acordo, prevista para finais desta semana, mentres non se garantan condicións de reciprocidade que obriguen aos produtos importados a cumprir os mesmos requisitos que se esixen ás explotacións europeas.

A mobilización de Lugo coincidiu con protestas semellantes noutros puntos de Galicia e do Estado. Ao remate do percorrido, os manifestantes instalaron un punto informativo para explicar aos consumidores os posibles efectos do acordo na saúde e na seguridade alimentaria.


«O sector agrogandeiro leva anos soportando unha presión crecente: incremento de custos, esixencias legais cada vez máis complexas, redución de marxes e incerteza estrutural. A pesar diso, continúa garantindo alimentos de calidade, seguros, trazables e producidos baixo os estándares máis altos de calidade da UE» aseguran desde as entidades Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos