9.7 C
Santa Comba
sábado, enero 31, 2026

Novas mobilizacións en contra do acordo entre a Unión Europea e Mercosur

Sindicato Labrego Galego e Elas Elas en A Coruña e Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema en Lugo. Foto de arquivo

O acordo de libre comercio UE-Mercosur foi aprobado este venres pola Unión Europea, cunha maioría cualificada de países a favor e a oposición de Hungría e Francia. Desde Europa aseguran que no acordo “hai salvagardas” para a agricultura.

Pero en Galicia hai un malestar evidente e novas mobilizacións convocadas.

Agromuralla e Gandeiros Galegos de Suprema

As organizacións Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema convocan unha manifestación en Lugo o vindeiro luns, 12 de xaneiro, para rexeitar o acordo comercial entre a Unión Europea e os países do Mercosur. A protesta comezará ás 12 da mañá diante do edificio da Xunta de Galicia, na Ronda da Muralla, e finalizará diante da Subdelegación do Goberno.

Segundo os convocantes, a entrada en vigor do tratado poría en risco as explotacións de vacún de leite e carne galegas, ao permitir a importación de produtos con estándares de calidade inferiores aos nacionais. Noelia Rodríguez, presidenta de Agromuralla, asegura que “vaise abrir a porta á entrada de carne e outros produtos sen as mesmas garantías que os que producimos aquí”.

Sindicato Labrego Galego e Elas Eles

O Sindicato Labrego Galego convoca unha concentración o vindeiro luns, 12 de xaneiro, ás 12 do mediodía diante da Delegación do Goberno na Praza de Ourense, xunto ao porto, para esixir a paralización da firma do tratado entre a Unión Europea e os países do Mercosur.

O SLG alerta de que este acordo compromete a soberanía alimentaria e a viabilidade económica das granxas galegas, ao permitir a entrada de grandes cantidades de produtos como carne de vacún ou mel con aranceis reducidos ou nulos. Segundo o sindicato, a sociedade rexeita mayoritariamente este tratado, que favorece os intereses comerciais por riba da protección do sector primario.

Os participantes reclamaran un comercio xusto e seguridade para as explotacións locais, facendo fincapé en que a firma do acordo non poida comprometer a sustentabilidade das granxas galegas.

A esta convocatoria únese a asociación de gandeiras e gandeiros Elas Eles. En declaracións a Radio Xallas, seu presidente, Adrián Riádigos, non ocultou a súa preocupación por este acordo e pola “opacidade” con respcto aos termos do mesmo.

Riádigos alertou de que o acordo suporía unha competencia desleal para Galicia, ao permitir a entrada de produtos elaborados baixo estándares sanitarios e ambientais distintos aos europeos. «Estamos vendo que produtos que aquí xa se prohibiron van volver entrar pola porta de atrás».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos