26.7 C
Santa Comba
miércoles, julio 16, 2025

Agromuralla: “Europa debería protexer ós que producimos alimentos”

José Luis Pérez Barreiro (Agromuralla) esixe control do lobo e critica a burocracia da PAC.


José Luis Pérez Barreiro, presidente de Agromuralla, abordou en Radio Xallas as principais preocupacións do sector gandeiro galego. As súas declaracións puxeron o foco na complexa xestión do lobo, a excesiva burocracia da PAC e a situación dos prezos que perciben os produtores, destacando unha «descoordinación total» entre as administracións.

Lobo e Xabaril: Danos, Axudas Insuficientes e a Urxencia do Control

Pérez Barreiro foi contundente ao denunciar a «descoordinación total entre as administracións» no tema do lobo. Sinalou que mentres «desde Europa se está volvendo a permitir a caza do Lobo en certos sitos,» en Galicia «sae unha decisión xudicial que non é así.» Esta situación, engadiu, xera un grave problema para a gandería extensiva, xa que o lobo «fai moito dano, causando a perda de moitos animais.»
A isto súmase o impacto do xabaril, que «fainos perder produción todos os anos atacando o cultivo principal que é o millo.»

O presidente de Agromuralla lamentou que as axudas polos danos do lobo non sexan suficientes: «Falamos de axudas pero ao final, o primeiro que perde sempre é o gandeiro, porque as axudas non chegan a cubrir o custo real.» A pesar de que «os prezos xa están bastante altos, tanto de vaca de leite como de vaca de carne,» as compensacións non se axustan á realidade dos custos.
Para Pérez Barreiro, é fundamental un cambio de enfoque: «Penso que ten que haber un control do lobo cando hai un desfase. Non queremos que se exterminen de ningunha maneira.

A PAC: Burocracia Asfixiante

En canto á Política Agraria Común (PAC), Pérez Barreiro amosou a súa preocupación polas últimas reformas, que se centraron «sempre sobre o mantemento do ecoloxismo.» Esta orientación, na súa opinión, ignora as necesidades de produción de Europa. «Vemos que a Europa está sendo moi deficitaria en alimentos e penso que a liña debería ser protexer os que estamos producindo alimentos en Europa,» afirmou.
A burocracia da PAC é outro punto crítico. Pérez Barreiro describiuna como «un problema moi grande,» que se complica pola idade media dos gandeiros. «Facer todos os trámites vía telemática crea moitas dificultades,» e a pesar das promesas de simplificación, «cada vez a PAC sempre aumenta a burocracia.»

Prezos aos Produtores e Axudas á Industria

Finalmente, o presidente de Agromuralla referiuse aos prezos que perciben os produtores polo leite. Indicou que «as ofertas nosas falan de mantemento de prezos e cada vez o diferencial é menor” pero aínda estamos lonxe de equiparar a Galicia con outras comunidades.

Tamén destacou as «moitas diferenzas de prezo entre os gandeiros de pouca produción e os de moita produción.»
Pérez Barreiro manifestou o seu descontento coas axudas que reciben as industrias, que en ocasións son as primeiras en baixar os prezos aos produtores o comprar o leite en Portugal.

Agromuralla xa lle pediu á Xunta de Galicia que estas industrias xustifiquen as axudas que reciben. «Nós xa fixemos unha demanda na Consellería e igual que a nós nos dan unha serie de axudas, temos que xustificalas e cumprirmos requisitos, pois a unha industria que está recibindo axudas, e ás veces é a primeira que baixa o prezo do leite, e son as primeiros que nos da o pau,» concluíu.

Entrevista a José Luis Pérez- Desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos