18.1 C
Santa Comba
miércoles, julio 16, 2025

Solta de oito exemplares de Píllara das Dunas en Baldaio para recuperar a especie

A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou na solta de oito exemplares de Píllara das Dunas na praia de Baldaio (Carballo), criados en cautividade no Centro de Recuperación da Fauna Silvestre de Oleiros. A iniciativa forma parte do plan de conservación impulsado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para recuperar esta ave considerada “vulnerable” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Estivo acompañada acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Pilar
Arias.

O obxectivo é reforzar a poboación no norte da provincia da Coruña, onde se ten detectado un descenso nos últimos anos. A Xunta, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e no marco do proxecto transfronteirizo Iberalex, traballa na cría en cautividade e na protección do hábitat mediante medidas como parcelas de exclusión, incubación artificial ou sinalización das zonas de nidificación.

A Píllara das Dunas

No último censo de 2024 contabilizáronse 86 parellas nidificantes en Galicia, a cifra máis alta dos últimos seis anos pero aínda lonxe do mínimo de 250 parellas necesario para que a especie deixe de estar ameazada. A esperanza de vida destes exemplares é de 3 a 4 anos, e comezan a reproducirse ao ano de vida.

Do Campo fixo un chamamento á cidadanía para respectar as zonas protexidas nas praias e destacou os avances acadados: desde o inicio do programa, voaron un total de 146 pitos criados en cautividade, e a produtividade por parella duplicouse, achegándose ao obxectivo de viabilidade marcado no plan de conservación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos