28.4 C
Santa Comba
lunes, junio 23, 2025

O PPdeG destaca as axudas da Xunta polos ataques do lobo fronte ao «desinterese» do Goberno central

O Grupo Popular no Parlamento de Galicia puxo en valor as axudas da Xunta aos gandeiros afectados polos ataques do lobo, que este ano se incrementaron nun 49 %, mentres censura a negativa do Goberno central a abonar 8 millóns de euros a Galicia por non subscribir a Estratexia Nacional do Lobo.

Durante unha visita a explotación Nuveira de Arcos en Mazaricos, o portavoz de Medio Ambiente do PPdeG, Gonzalo Trenor, e a deputada Magdalena Pérez salientaron a aposta do Goberno galego pola convivencia entre a fauna salvaxe e o rural, cun investimento total de 5,9 millóns de euros en medidas compensatorias e de prevención. Tamén participou na visita o portavoz local, José Manuel Caamaño.

Os populares critican que o Executivo estatal mantivera ao lobo no Lespre (Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial), decisión que segundo din provocou un aumento do 77 % nos avisos por danos en Galicia.

“Felizmente, a situación variou totalmente coa aprobación no Congreso da rebaixa da protección do lobo ao norte do río Douro, unha decisión que corrixía a errada decisión adoptada polo Goberno de Pedro Sánchez en 2021 e que mantivo todo este tempo malia que a Comisión Europea e o Convenio de Berna se mostraron favorables a rebaixar a protección desta especie, ao entender que se atopaba nun
bo estado de conservación” declarou Gonzalo Trenor.

Ademais das compensacións directas polos danos sufridos, as axudas inclúen subvencións para implementar medidas disuasorias como pastores eléctricos, cerrumes móbiles ou cans protectores, co obxectivo de minimizar futuros ataques e garantir a sustentabilidade das explotacións rurais.

O PPdeG insistiu en que o lobo se atopa nun bo estado de conservación, tal e como recoñecen informes europeos, polo que consideran necesario axustar o seu nivel de protección para garantir o equilibrio entre biodiversidade e actividade agraria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos