16.4 C
Santa Comba
martes, junio 24, 2025

Monte Faro denuncia ataques de lobo “nunca vistos”

A Asociación Cabalar Monte Faro denuncia ataques «nunca vistos». En mes e medio, 13 poldros perdidos por acción do lobo. «Un masacre» que afecta directamente á supervivencia dos seus animais.

En declaracións á TVG expresaron as súas sospeitas de varios lobos actuando con extrema agresividade, levando crías enteiras ou rematándoas tras ferilas. Sorprende a súa falta de temor, deixándose ver e gravar. Os membros da asociación afirman están alarmados.


Máis da metade dos poldros da primavera desapareceron. Temen pola continuidade da asociación, que mantén os seus exemplares ceibos no monte. «Non estamos tendo resultados porque non os deixa», lamenta a vicepresidenta da asociación, Ánxela Arjomil.


Desánimo e incerteza


Algúns membros da Asociación Cabalar Monte Faro pensan en abandonar ante a frustración de ver desaparecer os seus poldros.
A tradicional “Rapa das Bestas” de xullo está en perigo pola falta de animais. A degustación anual tamén está no aire, poñendo en risco unha tradición de 27 anos.A Asociación Cabalar Monte Faro solicita comedeiros para o lobo e máis axilidade nas compensacións polos seus animais perdidos.


«Nós non vivimos disto, é unha afección, para facer a Rapa, que se leva facendo 27 anos. Todos os anos facemos degustación de poldro, pero este ano estamos pendentes, un pouco collidos polas mans, porque non sabemos se imos ter poldros ou non» declarou a vicepresidenta de Monte Faro a TVG.

FOTO-TVG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos