15.3 C
Santa Comba
miércoles, mayo 7, 2025

Piden ampliar a moratoria ante o avance «incontrolado» do eucalipto

Representantes de diversas entidades, desde Greenpeace ata a Fundación Juana de Vega e parte do sector madeireiro, uniron as súas voces para solicitar unha ampliación da moratoria sobre novas plantacións de eucalipto en Galicia.

Segundo Manoel Santos, responsable de Greenpeace en Galicia, esta unión baixo unha petición de mínimos é «o novidoso desta declaración». A solicitude busca estender a actual salvagarda legal, que remata en 2025, «como mínimo un quinquenio máis, até 2030».

Neste sentido manifestou que “Creo que é útil que os ecoloxistas e a industria forestal se empecen a entender, para resolver o problema. Este é un acordo que hai que poñer en valor e que representa a vontade de traballar polo ben do país”.

Entrevista a Manoel Santos en Radio Xallas



Incumprimento do Plan Forestal como detonante



A base desta petición radica no presunto incumprimento do Plan Forestal Galego vixente (2021-2040). Nunha entrevista en Radio Xallas, Santos explicou que a revisión do plan establecía unha redución da superficie de eucalipto, pero os datos actuais mostran o contrario:

«Os datos que temos do inventario forestal é que a superficie de eucalipto segue a aumentar. Os últimos datos que temos son de 2023, que aumentou un 4% máis, unhas 6.000 hectáreas máis».

Esta tendencia preocupa porque, como engadiu Santos, o propio plan dicía que «tiñamos que ter como mínimo un 5% menos de superficie de eucalipto no horizonte de 2040,e isto non se está a cumplir».



Consecuencias ambientais e económicas da expansión



O aumento «incontrolado» do eucalipto, en palabras de Santos, ten graves implicacións. Sinalou a «perda de biodiversidade xigantesca» e o «incremento de inflamabilidade da paisaxe».

Ademais, alertou sobre o impacto económico negativo para o sector da madeira de piñeiro, de maior valor engadido, que está sendo substituído:

«A sustitución de Piñeiro, que ten moito máis valor engadido para o sector da Madeira en Galicia, polo eucalipto ao final empobrece moito tanto a cadea de valor como a biodiversidade galega.»

Manoel Santos-Greenpeace



Denuncias de falta de control na moratoria actual



Unha das principais críticas vertidas por Manoel Santos é a presunta falta de supervisión da moratoria vixente, o que tería permitido numerosas plantacións ilegais:

«Sabemos que houbo moitas plantacións ilegais durante a moratoria, e hoxe podemos saber coas tecnoloxías que temos, que se plantou máis alá de 2021, cando se puxo a moratoria, e se deberían revertir esas plantacións ao seu estado orixinal».

Por iso, a petición non só busca unha ampliación, senón tamén unha moratoria que sexa «verificável e ten que ser controlável».

A ameaza da nova planta de celulosa

A posible instalación da fábrica de Altri na Ulloa é outro motivo de preocupación. Santos manifestou a súa convicción de que esta implantación suporía «abrir un novo ciclo de plantación de eucalipto en Galicia».

Argumenta que, co volume de eucalipto que se corta anualmente, a nova fábrica garantiría un mercado constante, incentivando novas plantacións.

Desde Greenpeace critican que a Xunta de Galicia establecera “uns mecanismos e unhas normas que despois non cumpre e o eucalipto se segue expandindo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos