7 C
Santa Comba
martes, abril 15, 2025

Un proxecto para promover a convivencia co lobo

O xerente de Beealia e asesor gandeiro, Joan Alibés, explicou en Radio Xallas o proxecto no que participa e que conta co apoio da Fundación Príncipe Alberto II de Mónaco.

“O proxecto trata de xuntar unha decena de ganderías que teñan problemática de ataques co lobo e poñer en marcha un sistema de asesoramento para reducir a súa vulnerabilidade aos ataques”.

Entrevista en Radio Xallas- Desde o minuto 63

Segundo Alibés unha a grande diferencia deste programa radica que “é un asesoramento que provén do sector gandeiro, que son os que propoñen as medidas que consideran oportunas”.

O asesor explicou que é moi importante analizar as medidas:”Non se pode dicir que, mira, pois, unha das medidas típicas, poñer un mastín e xa está. Porque este can require uns coidados, un adestramento e un mantemento”.

Neste momento están pechando o listado de ganderías participantes e despois comezarán a analizar a problemática dos ataques da fauna salvaxe en cada explotación “e poñer en práctica algunhas cousas”.

Aprender dos fracasos

Estas experiencias servirán para explicar as diferentes medidas sobre todo “explicar os fracasos porque é de ali onde se aprende.

Joan Alibés considera que hai moita marxe para a investigación como as diferentes alternativas de peches, ou “enfocar o tema de prevención en cabalos no monte, que é unha problemática tremenda e sobre a cal non hai practicamente nada feito, cun mínimo de efectividade ou de resultados que se poidan poñer en práctica nas nosas ganderías”.

Engade que “Pode haber máis cousas, pero temos que un pouco sacudirnos a cabeza de tantas solucións dixitais que nos prometen e que aínda non demostraron absolutamente nada”.

Con este proxecto pretende avanzar cara a convivencia co lobo e o “conflito social” existente que se acentúa pola “impotencia” das persoas afectadas polos ataques e o “descoñecemento”.

Este proxecto xurde a través da rede Observatorio Campo Grande, que “é unha rede a nivel estatal sobre a convivencia e o diálogo entre diferentes partes, sector gandeiro, sector ecoloxista e os cazadores tamén, para atopar solucións e vías de diálogo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos