7 C
Santa Comba
martes, abril 15, 2025

O PP critica a postura de BNG e PSdeG coa protección do lobo

Nunha visita a explotación Devesa Langueirón” en Ponteceso, os deputados autonómicos do Partido Popular Rubén Lorenzo e Ethel Vázquez criticaron que “os deputados do BNG e do PSdeG viven na mentira e o engano permanente aos galegos” e concretaron que “a última falcatruada fixérona coa rebaixa da protección para o lobo: primeiro votaron a favor de quitarlle esta protección no Parlamento galego e o pasado xoves no Congreso votaron posicionáronse en contra”.

Para Lorenzo e Vázquez a saída do lobo do LESPRE é “unha medida que permitirá que o rural galego e os nosos gandeiros volvan ter a protección que merecen fronte aos ataques deste animal”.

“Defenden os intereses de Pedro Sánchez”

E criticaron o posicionamento de PSOE e BNG: “O que puxeron de manifesto os deputados galegos, tanto socialistas como nacionalistas galegos, é que o único que lles interesa é atender sempre os intereses de Pedro Sánchez, dando as costas neste caso aos nosos gandeiros e a defensa das súas explotacións”.

Defenderon que “Galicia sempre defendeu que a inclusión do lobo no Lespre non obedecía a criterios responsables, porque o lobo está moi lonxe de estar en perigo de extinción, xa que está presente en máis do 90 por cento do territorio galego, e, de xeito paralelo, o número de avisos por ataques incrementouse un 72 por cento desde 2021, cunha aumento das reses afectadas do 57 por cento”.

E aclararn que este acordo “non suporá unha persecución desapiadada do lobo a partir de agora, senón que levará aparellada a adopción de medidas de control da especie e o restablecemento do equilibrio entre a súa protección e as actividades gandeiras que se desenvolven no rural”.

Na visita de Rubén Lorenzo e Ethel Vázquez a Ponteceso estiveron acompañados polo alcalde José Manuel Mato.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos