7 C
Santa Comba
martes, abril 15, 2025

Arrincou a tempada de pesca fluvial con frío e boas perspectivas

A primeira xornada da tempada de pesca fluvial veu acompañada polo frío e tamén polo vento do norte.

Desde Sigueiro(Oroso) a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, destacaba o aumento de licenzas: “Estamos nunhas 48.500 licenzas de pesca, que veñen a ser unhas 8.800 máis ca o ano anterior. É bo que a xente se anime e haxa remuda xeracional, e o que pretendemos e facilitárllo».

Pola súa banda, nas augas do Xallas, a xornada estivo afectada polo frío matinal como informou Jorge García: “Foi un día regular de capturas con moitísimo frío pola mañá, con augas transparentes e frías e nula actividade por parte das troitas”.

Non moitas capturas pero de bo tamaño e mellor pesca para “os de cucharilla, despois miñoca e peor os de mosca” explicaba o directivo da sociedade de pesca de Santa Comba.

Jorge García aseguraba que “os pescadores, como sempre, acudiron a estrear a nova tempada con máis ilusión que resultados debido a frialdade do día e o vento do norte”. Aínda que engadía un dato positivo: “Os ríos baixan espectaculares de auga e a tempada é prometedora”.

Desde o río Grande, en Baio, coincidían na cuestión climatolóxica, ainda que varios pescadores consultados confesaban comezar a tempada con captures aceptables.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos