8.1 C
Santa Comba
martes, marzo 11, 2025

“A balsa da Ruña sería o noso caso Erin Brockovich”

Un dos portavoces da Plataforma Vendaval Costa da Morte denunciou en Radio Xallas o proxecto da estación de bombeo do Monte da Ruña, no concello de Mazaricos.

“É unha barbaridade desde o punto de vista medio ambiental porque o monte da Ruña é un dos poucos paraísos onde se mantén unha pirámide trófica conservada desde a base ata o cumio” asegurou César F. Pérez, xa que este monte “é un dos últimos glaciares que hai na costa galega”.

Afirma que “O Xallas é un dos ríos máis explotados, hidroeléctricamente, do mundo. Está saturado de presas e non fai falta explotalo máis subindo a auga contaminada ao cumio do Monte da Ruña”.

César F. Pérez

Asegura que as consecuencias serían irreparables:

“Sería o noso caso Erin Brockovich, porque é unha auga que ven turbinada, que é collida no encoro de Santa Uxía para subir a 400 metros por dentro da montaña, ata unha balsa e despois turbina-la outra vez, movendo os lodos do encoro que está chea de metais pesados. Aí é onde está a toma da auga para os concellos de Fisterra, Corcubión, Cee, Muxía e Dumbría”.

Esta zona estaría afectada pero tamén o consumo de auga noutros concellos como Carnota ou Muros. “Incluso poderían aparecer patoloxías renais” engade Pérez.

«ESTA É UNHA BARBARIDADE PINTADA DE VERDE»

Desde a Plataforma Vendaval Costa da Morte critican o papel das administracións de dunha parte do sector xornalístico, en conivencia con empresas que “dominan os medios de comunicación que enchen as páxinas de información contraria, de que isto é unha marabilla, xa que eses grandes grupos económicos invisten moitos cartos en enganar á xente”.

Con respecto as administracións pensan que “actúan como axentes comercias destes grandes grupos de inversión tanto a nivel da Xunta, do goberno central como dos concellos que o único que ven son licencias de obra para cobrar”.

Críticas a María Couto, ceo de Xeal

“Non podemos permitir este claro exemplo de greenwashing. Unha barbaridade pintada de verde.A sociedade civil ten que mobilizarse. Non podemos consentilo de ningunha maneira” manifestou César F. Pérez, que recriminou o posicionamento de entidades como APTCM ou Solpor que “están poñéndose de perfil” a pesar do evidente impacto.

Tamén arremeten contra Xeal e a súa representante máxima na zona: “Para Vendaval, a CEO de Xeal, María Couto é o inferno da Costa da Morte, porque eles teñen unha concesión sobre o Río Xallas cuns dereitos e unhas obrigas. O dereitos estannos aproveitando todos pero as obrigas non as cumpren”.

Entrevista a César F. Pérez en Radio Xallas- Desde o minuto 63

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos