9.7 C
Santa Comba
viernes, febrero 13, 2026

Eirón acolleu o IV Día de Loita en Defensa do Monte Comunal

A pasada fin de semana, a localidade de Eirón, no concello de Mazaricos, acolleu o IV Día de Loita da Veciñanza Comunitaria en Defensa do Monte Veciñal. Como en edicións anteriores o evento estivo centrado na figura de José Esperante París, “Che de Pedro”.

Charla de Emilio López «Milucho» en Eirón

A xornada comezou cunha charla no local social de Eirón, na que interveu Emilio López, «Milucho», histórico activista agrario en Galicia. Durante a súa exposición, repasou a historia dos montes comunais, facendo fincapé nos anos da ditadura franquista, cando o Estado confiscou estes terreos para destinalos a forestación. Milucho lembrou os sucesos do 22 de xaneiro de 1963 en Eirón, onde as protestas veciñais contra estas expropiacións derivaron nunha represión policial que se saldou coa morte de Che de Pedro, e varios veciños feridos.

O acto foi presentado por Claudio Quintallán, do Instituto Galego de Terras Comunitarias, quen anunciou que a entidade iniciou xestións no Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática para lograr a Declaración de Recoñecemento e Reparación Persoal-Memoria Democrática polos feitos ocorridos.

Argimiro Esperante, familiar de Che de Pedro, informou que se están recompilando testemuños veciñais e institucionais para reconstruír detalladamente os acontecementos.

O local social de Eirón levará o nome de Che de Pedro

Pola súa banda, o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, deu a benvida aos asistentes e subliñou o exemplo de dignidade e resistencia da veciñanza de Eirón en defensa do seu patrimonio. Ademais, anunciou a intención de renombrar o local social de Eirón como «Local Social Che de Pedro», en homenaxe á súa memoria.

A xornada rematou cunha ofrenda floral na Braña da Gatiñeira, ao pé do monolito conmemorativo erixido. Asistiron as deputadas do BNG, Rosana Pérez e Adriana Fernández.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos