Isabel Vilalba: “Aquí hai unha concertación de prezos que debe ser considerada ilegal”

As diferenzas do prezo do leite ao que venden os produtores galegos con respecto aos profesionais doutras comunidades seguen sendo sorprendente e ilóxico.

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego denunciou esta situación: “Aquí hai unha concertación de prezos á baixa en Galicia que debe ser considerada ilegal e debería haber mecanismos desde a administración para impedilo”.

Para Isabel Vilalba “igual que se acordou que cando as empresas concertaban o pago do leite, o reparto das rutas aquí en Galicia, considerouse que había unha especie de figura de cartel. Esta concertación de prezos máis baixos en Galicia que fan sistematicamente as diferentes empresas non ten xustificación”.

Isabel Vilalba en Radio Xallas

“Non entendemos como se sigue permitindo. Parece que hai unha actuación que é ilegal, debe considerarse ilegal e discriminatoria” sentenciou a dirixente agraria.

Nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas, tamén referiuse a outros temas como os efectos do temporal Kirk, as charlas da PAC do SLG ou a actualidade eólica, onde se amosou moi crítica coas políticas da Xunta de Galicia.

Entrevista a Isabel Vilalba- Desde minuto 61

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos