10.3 C
Santa Comba
domingo, febrero 15, 2026

Adega pide a paralización do parque eólico “Ruña II”

A asociación ecoloxista “ADEGA” solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio Natural a paralización do parque eólico Ruña II “coa fin de preservar os elementos naturais” e se inicie un procedemento para a declaración deste espazo (montes e glaciar rochoso da Ruña) como protexido, ben como ampliación da ZEC Carnota-Monte Pindo, ou ben como Monumento Natural ou Paisaxe Protexida.

Desde a entidad advirten que as obras do parque eólico “poden estar a causar danos sobre o patrimonio natural, particularmente sobre hábitats prioritarios e singulares elementos xeomorfolóxicos relictos do glaciarismo”, que non foron contemplados na Declaración de Impacto Ambiental).

Glaciar rochoso da Ruña

Tamén denuncian que a instalación, promovida por Eurus Desarrollos Renovables, “foi obxecto dun despece irregular co «Ruña III», actualmente paralizado cautelarmente polo TSXG, e a súa liña eléctrica de evacuación, en fase de execución”.

Engaden que “ as obras deste parque eólico (explanacións, pistas e gabias, etc.) atinxiron elementos xeomorfolóxicos singulares relacionados co antigo glaciar rochoso da Ruña”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos