O responsable do sector lácteo de Unións Agrarias, Óscar Pose, asegurou que as oficinas do sindicato están recibindo “unha avalancha” de gandeiros que pretenden denunciar polo Cartel do Leite, xa que aínda que máis de 5.000 persoas xa o fixeron “máis de 30.000 teñen dereito e polo tanto hai moitas explotacións que teñen dereito a recuperar o que lle roubaron nos últimos anos as industrias “.
Queda camiño pero Pose deixa claro que logo da sentenza da Audiencia Nacional “por primeira vez demostrouse que había un acordo de prezos e un reparto de produtores entre as industrias”.
E “agora toca demostrar a cantidade que nos roubaron durante estes anos, porque son cartos dos produtores e agora que os devolvan con intereses”.
