Paco Bello: ”Na Lei de Restauración hai unha hipocrisía tremenda do PSOE”

O Presidente da Asociación Agraria de Galicia(ASAGA) denunciou a “hipocrisía tremenda do PSOE” con respecto á Lei de Restauración da Natureza, aprobada na Unión Europea, que “é unha lei nefasta para os intereses de Galicia e un varapau para miles de explotacións”.

Lembrou que o ponente da lei é o eurodeputado socialista César Luena e que “a Ministra de Transición Ecolóxica non foi permeable a cuestión que vimos demandando”.

Paco Bello agarda que despois das eleccións europeas “poidan modificarse cuestións” se ben está convencido de que “esta será outra das leis que suscitará rexeitamento e probables mobilizacións no seu momento”.

Animadversión de Teresa Ribera

Nunha entrevista no programa Na Encrucillada de Radio Xallas, o dirixente de ASAGA, asegurou que a vicepresidenta terceira e Ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, “ten animadversion total cara a actividade agrícola e gandeira do país” coa idea de que “pechemos as granxas porque a ela o que lle interesa é o mercadeo das emisións de carbono”.

Para Paco Bello semella que o obxectivo é “trasladar esas emisións de carbono a outros sectores que interesa máis coidar”.

Na entrevista tamén se referiu as negociacións que se están levando a cabo con respecto a PAC e a outros temas que preocupan o sector.

Escoita a entrevista completa desde o minuto 64

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos